Por E.P. | VIGO | 20/04/2018 | Actualizada ás 13:53
En declaracións aos medios, despois de participar nunha reunión coa executiva comarcal da CIG en Vigo, Villares recalcou que a actitude da Xunta é "incomprensible", e lembrou que os sindicatos realizaron unha contraoferta "razoable".
"Non é admisible continuar un conflito que causa tanto sufrimento por unha diferenza de 12 euros en tres anos", afirmou, e incidiu en que "a Xunta ten un mandato parlamentario" para solucionar a folga.
Segundo insistiu, hai máis de 20.000 actuacións xudiciais suspendidas e a Xunta ten "recursos e lexitimidade parlamentaria" para resolver o conflito. Ao seu xuízo, tanto Rueda como o propio Feijóo son "responsables" de "prolongar innecesariamente" a situación, e advertiu de que cada día que dura a folga é "unha irresponsabilidade que non é aceptable pola cidadanía".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.