Renda mínima en Europa, é posible?

A pobreza na Unión Europea (UE) extendeuse desde a crise de 2008. Os datos do ano 2017 falan de máis de 120 millóns de persoas pobres e en risco de exclusión social. Unha renda mínima que garanta uns ingresos para que as persoas sen recurso podan retomar as súas vidas é un obxectivo reclamado desde diversos organismos sociais.

Por Moncho Mariño | Santiago | 07/05/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O EMIN Bus é o vehículo que percorrerá 32 países en 64 días para dar a coñecer a iniciativa European Minimun Income Network (EMIN), unha rede (net) de organizacións e persoas que pretenden dar a coñecer as posturas favorables á consecución dunha renda mínima de ingresos para persoas pobres en risco de exclusión social. Esta rede conta tamén co apoio da European Anti Poverty Network (EPAN), ademais da Confederación Europea de Sincidatos (ETUC), o Servizo Público Federal Belga para a Integración Social , a Universidade de Amberes, as Redes Nacionais EMIN e o apoio e axuda de expertos académicos e doutras áreas.

Autobús EMIN rendas mínimas
Autobús EMIN rendas mínimas

En Santiago Galicia Confidencial puido reunirse con tres dos membros que acompañan este bus. Fintan Farrell, director do proxecto, quen tamén foi receptor de axudas no seu país, Irlanda. Graciela Malgesini e Javier Hernández. Os tres falaron tanto deste proxecto europeo como das posturas a favor como en contra dunha renda mínima de inserción para evitar a exclusión social de persoas que quedaron fóra do mercado laboral por calquera razón, moitas veces, relacionadas coa crise económica que aínda padecemos.

A RENDA MÍNIMA E O EMIN

Fintan, Graciela e Javier ofrecen os argumentos para a defensa dun proxecto encamiñado á recuperación de persoas e tamén á eliminación do estigma social que vai parello á pobreza. Dentro da Unión Europea existen diferenzas entre países, pero segundo os tres compoñentes desta expedición, esas diferenzas non impiden que haxa “uns critérios mínimos compartidos e centrados nas rendas mínimas, permitan unha renda mínima” di Graciela. Estas rendas serían un paso para poder entrar no mercado laboral e tamén axudar a quen traballa baixo un réxime de contratación precaria, estacional ou a tempo parcial. Permitir sobrevivir mentres estás en risco de exclusión social. ertu

O EMIN ten tres eixos de traballo. Adecuación, que as axudas sexan suficientes para permitir á xente vivir con dignidade para, ademais, unha participación activa na sociedade. Esta adecuación estaría ligada á evolución dos custes da vida. O segundo eixo é a accesibilidade, unha cobertura axeitada e doada para acceder a ella, que sexa traballada durante o tempo que necesite quen a demande. Empoderamento, recuperar a dignidade da persoa para que se sinta útil dentro da sociedade para permitirlle o acceso a servizos de calidade e mercados de traballo inclusivos.

Existen complexos, alarmas e ideas preconcebidas sobre este tipo de rendas, mesmo son rexeitadas directamente polas autoridades. Hai quen fala de fraude no seu uso. “Fíxose un seguemento no País Vasco sobre esta posibilidade e o risco de que isto aconteza, a fraude, foi dun 0.5%” di Graciela. Pero teñen todos os países da UE a posibilidade de implementar unha política de axuda como esta? “Realmente é unha cuestión de vondate política, o proxecto EMIN propón unha renda mínima acaída para cada país da UE e ao nivel de vida que hai nel” di Javier que sinala “o experimento que se ten feito en Finlandia non se podería levar a outros países como España, porque en Finlandia é unha renda engadida a outros beneficios”. Se acontecese o mesmo en Galicia, Javier apunta que “con outro tipo de axudas engadidas, por exemplo, a RISGA cortaríase”.

Outros países crean axudas para as familias en dificultades con fillos ao seu cargo. No caso da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), que é unha renda de inclusión, ter fillos a cargo suporía ir incrementando ata un máximo que superaría os 500€ “e nós entendemos que é moi pouco”. En que se pode traducir isto, por exemplo? “Pois no aumento das taxas de pobreza infantil nos países onde non hai axudas por fillos a cargo” di Graciela. En total son nove países na Eurozona os que teñen as taxas de pobreza infantil máis altas, entre eles España con outros estados como Rumanía, Bulgaria ou Grecia.

RENDA PARA TRABALLAR

Os detractores apuntan que unha renda mínima podería eliminar a iniciativa persoal ou individual para para buscar traballo. “Iso sería o ideal, ese sería o obxectivo e para iso a coordinación entre servizos sociais e emprego, pero dita coordinación é nula ou inexistente” para Javier, porque “o verdadeiro problema é que non se fan itinerarios personalizados, realistas”. Estes itinerarios personalizados para entrar no mercado laboral “é devolverlle a dignidade ás persoas que nunca deberan perdela” sentenza Javier. E outro punto para Javier, que “non ven os detractores destas rendas mínimas e que este diñeiro permite revitalizar as economías locais”. “O que hai detrás das posicións contrarias a estas rendas son os prexuízos que leva canda si a pobreza” di Graciela.

Como se pode calcular unha renda mínima por país? A resposta é que existen modelos diferentes, desde a “arbitrariedade total, como España, onde temos o IPREM, que non sabemos o que é nin se calcula en base ao salario mínimo” di Graciela. “Pensamos que estaba ligado ao salario mínimo, pero resulta que o salario mínimo aumentou e non así o IPREM” isto ten como consecuencia que as prestacións non aumentaron desde xaneiro. Entón  porque 600, 700€, non sabemos, alguén establce a cousa así”.

Outra vía para calcular a renda mínima de inserción “serían mediante orzamentos familiares que se estudan en base a necesidades a nivel local, reference budgets, que teñan nenos, persoas con discapacidade e número total de persoas na familia” aclara Graciela. Desta maneira calcúlase unha renda para cada grupo familiar. Un caso curioso foi o de Barcelona no caso de aplicación destes reference budgets, pois logo de participar no estudo, non aplicou este tipo de cálculo, asumindo a Renda Minima Garantida de Catalunya.

E GALICIA QUE?

Durante a presentación do EMIN Bus, o director xeral de Inclusión, Arturo Parrado, sinalou e destacou a participación de Galicia nas conferencias de Helsinki sobre a pobreza, tamén o compromiso da Xunta e concretamente do seu departamento para crear un novo marco de actuación sobre a RISGA.  No acto, Parrado foi debullando unha a unha as medidas que Inclusión Social quere ir traballando desde o ano que vén. Reducción da burocracia, aumentar o 13% nos orzamentos para todas as necesidades e axudas para o acceso a unha vivenda. Todo isto aproveitando a presenza do EMIN Bus, cunha forte carga institucional.

As fontes consultadas remiten que Galicia está entre as zonas máis pobres de Europa e cun alto índice de pobreza. "Estaría entre España por riba e Grecia por debaixo" sinalan fontes próximas a Política Social. O Eurostat, o sistema europeo de medición e estatística, só pode facilitar datos ata 2016 que porían a nosa comunidade por debaixo da media española, En 2018, aínda non reflicten datos desde Eurostat. Aínda que os datos parecen apuntar a un número de persoas pobre ou en risco de pobreza sobre os 700 mil.

PERO É POSIBLE?

Insistimos sobre a capacidade dos gobernos e dos países para fornecer unha renda como a que tratamos nestas liñas. Podería haber algún país que non tivese capacidade para facelo? E de ser así, sería posible a creación dun fondo común europeo para implementar as axudas para as persoas pobres e en risco de exclusión social?

Se Chipre puido, que sufriu un rescate bancario máis grande que o que tivo España, un país onde crebaron os dous principais bancos do país, hai uns meses puido implantar un sistema de renda mínima, se Chipre pode, calquera outro pode” di Javier. Fintan Farrell está certo que non hai ningún país europeo que non poda facer unha política de inclusión social como a defendida desde EMIN. O caso é que estes países deben afrontar un desafía moito máis poderoso que outros, a solidariedade interna. As axudas xa existen, o caso é volvelas máis directas e accesibles.

O Parlamento Europeo anunciaba hai días que reduciría un 7% os orzamentos para os fondos de cohesión a partir de 2020. Preguntados os tres entrevistados sobre se isto afectaría dalgunha maneira ás esperanzas de poñer en marcha a iniciativa que eles defenden Graciela responde que “non, porque iso está calculado en función da taxa de desemprego de cada país, e como España ten a segunda taxa de desemprego máis alta de Europa despois de Grecia, non lle afectará, é triste pero é así”. Finalmente España será aínda receptor deses fondos, pois tampouco acadou a posición de país emisor de cartos para a UE.

Fintan recolle o dito por Javier e Graciela, detrás hai unha capacidade de vontade política que pode tanto resolver esta cuestión como o tema da pobreza. Reducila, facer posible a entrada no mercado de traballo de calidade a moitas persoas que agora mesmo, ou non teñen as posibilidades de acceder a un posto digno ou viven fóra do mercado laboral. Existe a capacidade, pero a vontade é o grande paso a superar agora mesmo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Climático

Tomando en cuenta los comentarios anteriores, deduzco que muchos pensamos igual. Se debería regular el dinero que se le brinda a cada comunidad autónoma. Hay demasiada diferencia económica. https://cumbrepuebloscop20.org/medi...

4 Vijo

De chiste cobrar sen traballar pudiendo facelo. Pero claro, mellor traer inmigrantes mentres algúns se tocan o bandullo.

3 Xa xa

Renda mínima...claro claro...e xa postos casa gratis, luz gratis, canal plus gratis,....eso sí, que o paguemos os de sempre.

2 Ajonjolí

Hay comunidades a las que les quitan más dinero del que deberían, deben regular eso. Todo para cataluña y poco para otras necesitadas. https://www.ajonjoli.org/

1 separatista español

Una buena solución sería echar a Cataluña fuera de España para que no nos chupen mas la sangre. ¡Que se vayan ya!. España para los auténticos españoles.

2 Txúpama

Si, fuera los catalanes por chupones y los gallegos también, que hay que darles mucho. Ejpaña es Castilla, que como todos sabemos es riquísima en industria (Mercedes, BMW, Inditex, Bristish Petroleum, Vag, Texaco...). No queremos dar nada más a holgazanes y gente que no entiende nuestro idioma universal elegido por Dios para evangelizar el mundo.

1 Gamela

En Vigo levan máis dun ano acampando diante do Concello e ninguén dí nada de nada...! https://youtu.be/iAZqjBaFou4