Por Galicia Confidencial | Ponteceso | 07/05/2018 | Actualizada ás 12:50
Amarelle Sport Group, a Asociación Deportiva Vidú e o Concello de Ponteceso, en colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol, fixeron posible que os próximos 18 e 19 de maio, Corme se convirta na capital do fútbol praia mundial.
Durante dous días, a praia do Osmo convertirase nunha auténtica festa do fútbol praia na que a xente da Costa da Morte poderá gozar de xogadores de fama mundial. O venres 18 e o sábado 19 de maio, o Sporting de Portugal, no que militan algúns dos mellores xogadores do mundo desta modalidade, como son os lusos Madjer, Belchior, Coimbra e Jordan, entre outros, enfrontaranse ao Falfala israelí que adestra o pontecesán Ramiro Amarelle, un dos mellores xogadores da historia da modalidade, e no que militan auténticas estrelas do fútbol praia coma o suizo Noel Ott, o xaponés Ozu Moreira, o español Llorenç Gómez ou o brasileiro Bruno Xavier.
A vila cormelana acollerá así un evento único na zona ata o momento e daralle á xente da Costa da Morte a oportunidade de gozar dos mellores xogadores do fútbol praia moi de preto.
Dende a organización do evento convidan a toda a xente da Costa da Morte e arrededores a ser parte desta gran festa do fútbol praia para convertir o areal do Osmo nunha auténtica 'bombonera'.
Ademáis este evento único, servirá para a promoción e o fomento do deporte na Costa da Morte. E dende a organización esperan que as conversas que están tendo con diferentes entes frutifiquen e que esta actividade sexa o preludio de máis actividades estivais de fútbol praia para a comarca e para toda a Costa da Morte.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.