Por Galicia Confidencial | Monforte | 08/05/2018 | Actualizada ás 14:55
Os traballadores do hospital comarcal de Monforte de Lemos non afrouxan nas súas protestas. Na mañá deste martes volveron concentrarse nos corredores para exhibir a súa unidade e insistir nas súas demandas, en plena folga pola falta de medios e recursos.
Os folguistas consideraron este luns unha "tomadura de pelo" a reunión que mantiveron cos responsables do hospital. Segundop os traballadores, o equipo xerencial "non aceptou ningún dos puntos" presentados polos folguistas, que lamentan que "o aumento de persoal nin o contemplan".
Este venres, día 11, sairá ás 10:00 da mañá un autobús gratuíto para facer unha concentración diante do Hospital Universitario Lucus Augusti.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.