Por Galicia Confidencial | Vigo | 23/03/2011 | Actualizada ás 20:49
O conflito entre Televigo e a secretaría xeral de Medios da Xunta agrávase. Segundo denuncia a empresa, o Goberno deixou de remitir comunicados e previsións a este medio de comunicación, que segue a emitir malia o expediente de peche iniciado polo Goberno por non ter licencia.
Cabeleiro leva o peche á Xustiza
O departamento que dirixe Alfonso Cabaleiro levará a xustiza a negativa dos propietarios de Televigo a deixar entrar aos funcionarios da Xunta, que pretendían precintar os equipos este luns. "Ao negarse a entrada dos funcionarios, a secretaría xeral de Medios solicitará ao xuíz autorización de entrada nos recintos de Televigo para proceder ao peche da emisora e ao precintado dos equipos".
O Executivo deu un paso máis no peche do medio ao deixar de fornecerlle información, malia que Televigo segue emitindo a través da Rede.
"Discriminados"
Televigo asegura nunha carta enviada á Administración que "con fecha 26 de febrero de 2011 la redacción de Televigo ha dejado de recibir todo tipo de convocatorias y notas de prensa centralizadas en la secretaría xeral de medios".
O bloqueo informativo da Xunta provocou a reacción dos asalariados nunha carta remitida a Cabaleiro: "Los profesionales del medio, periodistas gráficos y redactores, nos sentimos agredidos, ultrajados y discriminados".
Ademais, os traballadores convocan para vindeiro mércores, día 30 de marzo, e unha concentración "apolitica e pacífica".
"Televigo non pide un trato preferente, senón igualdade de condicións para poder emitir. E é que, segundo recoñece o propio Tribunal de Xustiza de Galicia, na repartición das licenzas de emisión producíronse irregularidades, que a efectos prácticos significa que todas as cadeas adxudicatarias están tan ou máis ilegais que Televigo", argumenta a empresa.
O Sindicato de Xornalistas lembroulle onte á Xunta que a práctica totalidade das concesionarias de TDT incumpre a súa licencia, por non emitir as horas de produción propia en galego, non contratar a tantos informadores como comprometeron nas súas ofertas puntuadas no concurso (máis de 1.400 en toda Galicia) e non realizar os investimentos polos que lograron a concesión.
O colectivo considera "absurdo" que 50 traballadores poidan ir a rúa por non ter licencia de TDT a súa emisora, mentres que moitas das empresas con licencia seguen sen emitir máis dun ano despois do apagamento analóxico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.