Jorge Coira sobre Beiras: "Hai xente que marca moito a vida política dun país"

O pasado luns 25 de xuño comezou a campaña de crowdfunding para financiar "Beiras.Vivir2Veces", unha longametraxe producida por OlloVivo. Galicia Confidencial falou con Jorge Coira, o director deste documental que explorará dende unha ollada complexa a figura de Beiras, un referente ideolóxico que "esperta paixóns para ben e para mal".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2018 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

"Non sei se é o primeiro pero teño a seguridade de que non vai ser o último, hai xente que marca moito a vida política dun país", di o director Jorge Coira respecto do documental que está a gravar e de Xosé Manuel Beiras. Deste xeito, "Vivir2veces" supón a primeira vez que Beiras acceda a repasar en profundidade a súa vida pública e privada nun documental. Empregando os lugares que mellor o identifican, as imaxes emblemáticas dun percorrido vital de oito décadas, e a conversa. A súa visión do mundo. Unha longametraxe que, en palabras de Coira, trata de "explorar". De "ir máis aló das ideas preconcebidas". 

Fotograma de 'Beiras.Vivir2Veces', fotografía de Beiras na escola
Fotograma de 'Beiras.Vivir2Veces', fotografía de Beiras na escola | Fonte: OlloVivo

Porque Xosé Manuel Beiras "esperta paixóns para ben e para mal", apunta Coira. Un referente ideolóxico para boa parte do nacionalismo galego e da esquerda, unha das figuras políticas e intelectuais máis destacadas dos últimos 50 anos e non só en Galicia. Fundamental para entender a vida política e a democracia. Pero Beiras tamén é profesor universitario, activista, tradutor, músico, conversador. E moitas outras cousas "difíciles de simplificar nun retrato", segundo o director.

Por iso, "o foco está por un lado na parte pública pero tamén no lado privado" explica Coira. Ao tempo que matiza que "o valor fundamental é contar co propio Beiras, explorar a súa figura de maneira complexa. Non se trata de facer un percorrido didáctico pola súa carreira". Un proxecto que conta con Beiras en primeira persoa, un documental "non del" senón "con el". Que explora as contradiccións que "el mesmo asume". 

E a forma máis "natural" e "lóxica" de poñelo en marcha era a través da participación colectiva. De toda aquela persoa que teña "interese en ir máis aló", sinalou Jorge Coira. A través do micromecenago: o crowdfunding. Da aportación voluntaria dos cidadáns que decidan financiar o proxecto. Así, esta campaña de crowdfunding, que se puxo en marcha o pasado luns 25 de xuño, agarda recadar os 10.000 euros necesarios para a rodaxe da longametraxe e do webdoc nun prazo de 40 días.

RETRATAR O MUNDO REAL

"Beiras.Vivir2veces" é a primeira longametraxe de OlloVivo, unha produtora audiovisual constituída por Pepe Coira, Jorge Coira e Gaspar Broullón. OlloVivo naceu como un espazo onde desenvolver proxectos que se saísen do traballo habitual en cinema e en televisión. Tal e como explica Jorge Coira, xuntáronse para "dar cabida a cousas que se saíran fóra da caixa e non teñen un percorrido comercial ao uso".

Fotograma de 'Beiras.Vivir2Veces'
Fotograma de 'Beiras.Vivir2Veces' | Fonte: OlloVivo

"Fan falta mecanismos para desvincular a TV dos poderes partidistas"

En canto á presenza da diversidade de contidos nas canles públicas, o director de "18 comidas"  apunta a unha necesidade de liberdade e independencia respecto dos poderes públicos: "A TVG foi e é fundamental no desenvolvemento do audiovisual en Galicia, pero dende logo boto en falta unha mellor evolución e apertura a outro tipo de contidos. Tanto na TVG coma no resto de canles xeralistas". E así, conclúe que "fan falta mecanismos para desvincular a TV dos poderes partidistas". 

O CROWDFUNDING

A longametraxe dirixida por Coira será integramente financiada a través do crowdfunding. É dicir, a través das aportacións voluntarias das cidadás interesadas no proxecto. Segundo a cantidade aportada, que abrangue dende os 15 ata os 500 euros, establécense unha serie de recompensas coma: copias en DVD, carteis, ilustracións orixinais, convites á estrea, obradoiros coa presenza de membros do equipo... 

Ante a proliferación de proxectos financiados deste xeito, Jorge Coira lembra que "o financiamento das obras audiovisuais é complexo" e que "cantas máis formas posibles haxa de financiar maior será a súa proxección internacional, a súa capacidade de mostrarse ante o mundo". É preciso, segundo Coira, mesturar diferentes vías e facer que convivan. Con todo, o director considera que o crowdfunding "non vale para todo" e destaca, en cambio, que esta era a mellor forma de financiar a longametraxe. Dende o social, con Beiras en primeira persoa. 

Fotograma de 'Beiras.Vivir2Veces'
Fotograma de 'Beiras.Vivir2Veces' | Fonte: OlloVivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 OSCAR HOLLYWOOD

a mellor escea da película do -VIEIRAS xa esta rodada para o cine, o chamado ególatra fala do seu fracasado intento de dominación atraves, nunha escea apabullante e deplorable VEXAN O ANTICIPO CINEMATOGRAFICO O VELLO -VIEIRAS - https://www.youtube.com/watch?v=AwL...

4 irmaos lumiere

Eu necesito tamen 600 euros para ir o cine este ano para ver as miñas pelis favoritas ... e non ando aterrorizando a veciñanza de reborainas para sacar os cartos - POR FAVOR MANDEN EUROS E DE NECESIDADE CINEFILA - https://www.youtube.com/watch?v=UUk...

3 o vello das galaxias...

a película de terror vaina facer rayan "merdas" jhonson... e no papel de lord shit tenebroso vai estar o vello -VIEIRAS... xa basta, e anda a darse de probes, como se non tivesen cartos a esgalla proporcionadas pola izquierda la unitaria ... - -vieiras isto, -vieiras o outro... SATANAS ESTA GOBERNANDO GALIZA - https://www.youtube.com/watch?v=Qlz...

2 Xanc

Beiras 2 Caras

1 Tituleitor

Podía titulalo "O Home que Fodeu Todo Onde Estivo".

1 Marga

Ou "O home que sabía demasiado (pero non o daba explicado)". Ou "O home que sabía demasiado (pero non sabía aplicalo)"