Temas: CHUVIA

6.000 raios, inundacións e case cen incidencias por fortes chuvias en pleno verán

En cinco horas houbo inundacións en 26 rúas, dez bolsas de auga nas estradas, dez estradas con risco de inundación e riscos de inundación en vivendas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 30/06/2018 | Actualizada ás 23:22

Comparte esta noticia

Galicia despediu o mes de xuño cun sábado tormentoso en gran parte da comunidade, onde caeron case 6.000 raios acompañados por precipitacións que nalgúns puntos alcanzaron os 51 litros por metro cadrado. De feito, foi tal a  cantidade de auga que houbo inundacións e problemas circulatorios en numerosos concellos, especialmente, no da Coruña, Oleiros, Lugo, Vila de Cruces ou Lalín.

Inundacións en Lugo polas fortes chuvias
Inundacións en Lugo polas fortes chuvias | Fonte: FB

De feito, este concello pontevedrés foi o lugar no que se rexistrou maior cantidade de choiva. Na Coruña caeron 40,5 litros por metro cadrado, que provocaron inundacións en certos puntos da cidade. Tamén resultaron afectados Melide (39,4) ou Amiudal, en Avión (Ourense), con 32,5.

NUMEROSAS INCIDENCIAS

A maior incidencia deste pequeno temporal foi entre as 14,00 horas da tarde deste sábado e as 16,00 horas. En dúas horas rexistráronse 1.342 raios dos case 6.000 caídos. De  feito, foi de tal intensidade a chuvia que o Centro Integrado de Atención a Emerxencias 112-Galicia rexistrou, entre as 13,00 e as 18,00 horas deste sábado un total de 83 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa.

Por provincias, A Coruña foi a máis afectada, con 65 incidentes, Pontevedra rexistrou nove incidencias, en Lugo ocorreron cinco e en Ourense tiveron lugar catro.

Inundacións de rúas (26), bolsas de auga nas estradas (10), risco de inundación en estradas (10) e riscos de inundación en vivendas (10) foron os incidentes que máis se repetiron.

En canto aos concellos, destaca a cidade da Coruña, con 24 incidentes, Culleredo, que suma cinco, e Oleiros, con catro incidentes. Na provincia de Pontevedra destaca o termo municipal máis afectado foi Vila de Cruces, con seis intervencións. En O Saviñao, Lugo, producíronse tres incidencias, mentres que en Ourense houbo intervencións en Avión, Barbadás e A Peroxa.

Temas: CHUVIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta