Jacinto Rey cede ante Rajoy

O empresario propietario de Xornal impulsa a saída do director deste medio, José Luis Gómez, tras a publicación dunha foto comprometida do líder do PP.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 01/04/2011 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

José Luis Gómez deixa a dirección de Xornal de Galicia. Esta decisión chega tras os consellos de Jacinto Rey, o empresario dono de Xornal de Galicia a través de Udramedios, a división de medios de comunicación do Grupo San José. Uns consellos que chegan tras unha tensa conversa que o secretario xeral do PP, Mariano Rajoy mantivo con Rey.

E é que o líder popular montou en cólera tras a publicación por parte de Xornal e do diario Público dunha fotografía na que aparecía a bordo do iate Moropa, pertencente ao clan de Os Caneos de Cambados, con varias xeracións de condenados por tráfico de drogas. E a reacción inmediata foi chamar a Jacinto Rey para pedir explicacións por esta información.

Futuro presidente

Segundo as fontes consultadas, Rajoy insinuou que será o presidente do Goberno en breve, o que implica ter o poder de continuar adxudicando, ou non, obras públicas ás grandes empresas españolas, entre elas, por suposto, á Constructora San José. Un aviso que Rey captou de inmediato. As fontes consultadas divirxen no contido completo desa conversa pero todas coinciden en que Rajoy lle pediu a cabeza de Gómez.

A información publicada o luns por Xornal non só causou indignación na sede do PP en Génova, senón tamén, no PP de Galicia. De feito, e segundo as fontes consultadas por Galicia Confidencia, o presidente galego Núñez Feijóo era consciente xa desde mediados desta semana que o xa ex director de Xornal tiña un pe fora da empresa.

"Ariete" do PSOE


E é que os populares galegos acusan a este medio de ser un "ariete" do PSOE, especialmente, nos últimos meses, tras o acercamento deste medio a José Blanco, que mantén boas relacións con Jacinto Rey. De feito, o empresario pontevedrés é un dos grandes beneficiarios das obras do Ministerio de Fomento.

Hai escasamente dous meses, Xornal de Galicia renovaba o seu Consello de Administración. O empresario Alfonso Paz-Andrade era nomeado novo presidente do Consello de Administración substituíndo no cargo a Domingo Docampo. Xunto a el están agora Xosé Díaz Arias, fillo de Isaac Díaz Pardo, como vicepresidente primeiro e Miguel Barros, histórico dirixente socialista, que xa formaba parte do Consello de Administración, como vicepresidente segundo. Uns cambios que se interpretaron como unha aproximación ao PSOE.

O que queda por dilucidar é o futuro de Gómez, que tamén é accionista e conselleiro desta empresa de comunicación, froito da súa participación a través de Xornal Galinet SA, a empresa editora do primixenio xornal.com.

Fonda relación

Non é a primeira vez que Gómez e Rey manteñen diferencias. A primeira delas foi en 2004, cando se abortou a primeira operación para sacar Xornal de Galicia en papel. Entón o detonante foi a dimisión do profesor José María da Rocha como presidente e conselleiro delegado un mes despois de ser nomeado. Entón, Rey posuía o 32% de Xornal Galinet. A relación retomouse pouco despois, e en 2008 saía a rúa, Xornal de Galicia. Durante estes dous anos e medio houbo máis crisis internas, a máis grave, a saída do xerente Miguel Angel Souto, cuñado de Rey, en febreiro de 2010, por "diferencia de criterio" empresarial con Gómez.

Non é a primeira vez que en Galicia Confidencial falamos dos intereses económicos e políticos que rixen aos grandes medios de comunicación, nin será a última. Antes de invertir en Xornal, San José fíxose co dominio de Promocións Culturais Galegas, na que invertiu máis dun millón e medio de euros en 2006. Esta empresa, editora do semanario nacionalista A Nosa Terra, iniciou un ambicioso proxecto de crecemento que acabou en fracaso e coa empresa en suspensión de pagos.

Galicia Confidencial seguirá informando desta nova e tentará achegar tamén a opinión dos principais actores.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 79 comentarios

44 Carlos

¿pero que cede? Que pelotas. Una pregunta que siendo malintencionado se muestra apasionante, ¿que empresa dicen que representa Quintana?¿una familiar?¿Desde cuando Jacinto es familiar de Quintana? Porque no le conozco otra familia con músculo económico para enviarlo a Brasil, a no ser que Blanco le haya pasado al Nupel o CHUPITO LOIS le haya explicado que todo se puede pagar con facturas de 18000 €. Ya vale, eh?. Que tontos solo quedamos 3

43 Pilar Medina Campos

Desde luego que orror de pais, con cinco millones de parados y nadie en las calles, ¿QUE SERIA SI FUESE AL CONTRARIO?, todos detras de las pancartas y la cejas levanta (como nunca mai!), que verguenza de gente que lo unico que sabe es levantar y levantar. Que os parece lo de andalucia? de verguenza os lo dice una andaluza que ya esta arta de tantos ladrones.

1 Roel

Medina é árabe, non? Aquí os árabes apenas tiveron incidencia histórica. Pilarica, non nos veña vostede con monsergas, que aquí de curas estamos até o carallo. Si non me entendes é que non pintas nada escribindo aquí.

2 alexandre dadas

E damais elemental ortografía tames esta farta("Harta" e "Horror")

3 Un galego

Roel, quieres decir que eres un racista y q gente como tu no debe tener incidencia en absolutamente nada verdad? Y escribo en castellano carallo enfermo.

42 Mecagonacona

Outro exemplo máis de como xógan á política os pepes: calando á prensa cando vai contra deles. E ¿este no é o mesmo Rajoy que dicía que non pasaba nada cando afondíu o Prestige e que tentou impedir que chegaran imaxes dos mariñeiro recollendo toneladas de chapapote do mar cas súas mans? Mecagonacona

41 Aquiliterix

Parece ser que, segundo estes "demócratas" PP;os cargos elíxense dacordo coa opinión dos cavern´colas modernos. O que digamos os electores nas furnas, non conta... ¡¡¡Joder que tropa!!! A ver se lles vai pasar como á leiteira do conto: que están votando contas por adiantado e non contan con que poden tropezar coa pedra dos votantes...., coma nas eleccións do 03...

1 Xan d´Outeiro

O PP. conta coa opinión dos votantes porque antes xa se encargou de "facilitarllela información correcta". Logo todo vai coincidir perfectamente. Os electores ainda non se decataron do PODER dunha papeleta; mentres segue sendo así o PP pode ir pola vida de domócrata que ninguén llelo vai impedir. Logo, enseñan a súa auténtica faciana; pero xa será tarde.

40 ruiki

Pues a mi me parece más grave la amenaza de retirar adjudicaciones (por cierto... pensaba que se hacían por concurso público, en sobres lacrados y tal) que el hecho de estar en el barco... sobre todo después de leer a 35

1 Alexandre

os que cren iso son un pouco inxenuos, dígocho por coñecemento directo