Temas: INTERNET

O castelán imponse nos cibermedios en Galicia, nos de Cataluña e Euskadi mandan as linguas propias

Radiografía das linguas nos medios dixitais: 534 cibermedios en catalán, 109 en éuscaro e só 88 en galego. Galicia ocupa o quinto posto en número de medios dixitais entre todas as autonomías, pero o décimo en número de habitantes por cibermedio.

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 10/07/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Galicia é a quinta comunidade autónoma en número de medios dixitais, pero a décima en número de habitantes por cibermedio. Ademais, a proporción de medios en lingua galega está moi lonxe das cifras dos cibermedios en catalán e éuscaro. Así o reflicte un estudo asinado por profesores da Universidad de Navarra na Revista Latina de Comunicación Social, titulado 'Mapa de los cibermedios de España en 2018: análisis cuantitativo'.

Distribución territorial de 2.636 cibermedios activos en España en 2018
Distribución territorial de 2.636 cibermedios activos en España en 2018 | Fonte: Revista Latina de Comunicación Social, 73, pp. 1034 a 1053.

Con respecto á distribución territorial, a comunidade autónoma con maior número de  cibermedios é Madrid (574, 21,8%), seguida de preto por Cataluña (563, 21%) e, máis de lonxe, por Andalucía (382, 12,4%).

A Comunidade Valenciana (150, 5,7%), Galicia (146, 5,5%) e País Vasco (134, 5,1%) tamén destacan como territorios cunha porción importante de cibermedios respecto do total estatal.

Os investigadores indetificaron un total de 3.431 medios dixitais en España, dos cales non poideron identificar a sede de 429, a maior parte deles de tema especializado, razón pola que a análise xeográfica final se fixo sobre 2.636 cibermedios si identificados territorialmente.

As comunidades autónomas onde se identificaron cifras máis elevadas de cibermedios correspóndense coas zonas de maior concentración poboacional.

Asociación de Medios en Galego (AMEGA)
Asociación de Medios en Galego (AMEGA)

Para obter o cociente de cibermedios per cápita en cada comunidade autónoma, procedeuse a ponderar a cifra coa da poboación censada polo Instituto Nacional de Estadística (INE) en 2017. Deses datos conclúese que o número de  cibermedios por habitante é maior nas comunidades de máis poboación e, á inversa, en comunidades menos poboadas, a relación de habitantes por cibermedio é menor.

Neste apartado, Galicia ocupa o décimo posto, con 18.550 habitantes por cada cibermedio. Cifra que a sitúa lonxe de Cataluña (13.663), aínda que un chisco máis preto do País Vasco (16.374).

LINGUA

No que se refire ás linguas empregadas para a publicación, o castelán é a principal: 2.293 (75,8%) cibermedios utilzan o español como idioma principal ou complementario. Xunto con este, detectouse unha "presenza importante de todas as linguas oficiais do Estado" (catalán, éuscaro e galego).

Os investigadores destacan o caso do catalán, con 534 medios que o usan (17,5% do total estatal), seguido máis de lonxe polo eúscaro, con 109 (3,6%), e por debaixo, o galego, con 88 (2,9%).

"No caso do catalán, a súa presenza alcanza a nove de cada dez medios dixitais de Cataluña", sublíñase no estudo.

Os datos mostran que nas autonomías con linguas cooficiais hai unha "moi notable presenza de cibermedios publicados só na lingua local ou ben en modalidade bilingüe ―e mesmo multilingüe, pois hai cibermedios que se publican en máis de dúas linguas―", sublíñase.

Máis detalladamente, os autores destacan que "no País Vasco e, moi especialmente, en Cataluña, hai máis cibermedios publicados en eúscaro ou en catalán, respectivamente, que en español", ao contrario do que acontece en Galicia, onde hai máis cibermedios que usan o castelán que o galego (116 fronte a 85). 

Tamén chama a atención "un número significativo de cibermedios publicados en inglés e alemán" e "outras linguas estranxeiras menos representadas" en zonas turísticas e de inmigración europea.

O XORNALISMO EN GALEGO, POR DETRÁS

Os resultados deste estudo van na mesma liña que outro recente traballo realizado por investigadores da Universidade do País Vasco e da Autónoma de Barcelona sobre os sistemas mediáticos de dez linguas minoritarias europeas.

Neste, evidenciouse tamén o atraso do xornalismo en galego: os países cataláns multiplican por 12 e os territorios vascos por dous o número de medios (prensa, radio, TV e dixitais) en lingua propia que ten Galicia.

NOVOS CIBERMEDIOS COMARCAIS EN LINGUA GALEGA

O pasado mes de maio naceron catro novos xornais comarcais: Xornal de Vigo, Lugo Xornal, Xornal da Mariña e Xornal de Lemos. Baixo o paraugas de Galicia Confidencial —que lles presta apoio  informativo, comercial e técnico— estes novos cibermedios abriron novas fiestras á información de proximidade e en galego en Internet. 

Xeolocalización de 2.492 cibermedios activos en España en 2018
Xeolocalización de 2.492 cibermedios activos en España en 2018 | Fonte: Revista Latina de Comunicación Social, 73, pp. 1034 a 1053.
Distribución territorial dos cibermedios activos en España en 2018, segundo linguas de publicación
Distribución territorial dos cibermedios activos en España en 2018, segundo linguas de publicación | Fonte: Revista Latina de Comunicación Social, 73, pp. 1034 a 1053.
Cibermedios activos en España en 2018, segundo poboación e comunidade
Cibermedios activos en España en 2018, segundo poboación e comunidade | Fonte: Revista Latina de Comunicación Social, 73, pp. 1034 a 1053.
Temas: INTERNET
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Contaminación

Si de eso hablamos, también la lengua Gallega y la Valenciana necesitan este tipo de apoya, de hecho el valenciano fue primero que el catalán, así que no minimicemos las cosas. https://cumbrepuebloscop20.org/medi...

1 Lolo

Valencián e catalán son o mesmo

2 anonimo

Es q en Galicia leemos gallego tres frikis, y eso se ve en los contadores de aquellos medios que son bilingües: las noticias en gallego solo las leen tres. Las noticias en castellano se leen. La imposición del gallego a los castellanohablantes como lengua vehicular en la enseñanza provoca la aversión en masa de los más jóvenes hacia el gallego. Los que hablan gallego porque es la lengua que mamaron, no se reconocen en el gallego normativo, plastificado, artificioso, aportuguesado, la lengua de los nacionalistas, la lengua rituaria de la administración.

1 Un de paso

Iso que comenta vostede sobre a lectura dos medios bilingües ten unha explicación ben sinxela: ¿nunca reparou en que tipo de noticias se redactan en galego neses medios? Que poñan tamén noticias deportivas ou de sociedade en galego e xa verá como a cousa cambia drasticamente... Lembro cando se distribuía de balde De luns a venres nas estacións de autobuses e como os exemplares non duraban nin dous minutos. A realidade non é sempre tan simple como nola queren facer entender.

2 anonimo

Hai un medio de deportes en gallego, noséqué motor, y sigue teniendo una auduencia minúscula. De luns a venres se agotaba sí, una vez que se habían agotado los gratuitos en español. Si la gente puede elegir, elige español. Si los medios vendiesen y tuviesen audiencia en gallego sería un negocio, como no lo es no abren pese a las subvenciones, y los que hay o cierran o tienen audiencias minúsculas.

3 Detector de idiotas

O qual nom impede destacar a tua absoluta ignoráncia, anónimo, notável a partir do que dis acerca de um tema que é patente que desconheces.

1 Per

Nos cibermedios e en todo... en Galicia herdamos inferioridade e falta de autoestima pra todo o propio por iso vailles mal aos partidos nacionalistas galegos e moi ben aos partidos nacionalistas españois.

1 anonimo5903

Oiga, Per: ¿Ha obtenido usted un licenciatura en Psicología? ¿Está usted colegiado en un colegio de profesionales de la psicología debidamente acreditado? Me da que ni lo uno, ni lo otro. No obstante, hace diagnósticos acerca de falta de autoestima; además, a millones de personas, y de una tocada. ¡Qué fenómeno! ¡¡Per, el Cristiano Ronaldo de la psicología!! Es posible que usted, al igual que uno que se creía Napoleón, precise de la ayuda de un profesional.