Tirón de orellas da UE á Xunta polos proxectos mineiros abertos en Galicia

Europa di que auditará os proxectos das Minas de San Finx , Touro, Santa Comba ou Monte Neme por vulnerar normativas da UE. O Parlamento Europeo entende que o actual proxecto de explotación, aprobado en 2009, debíase ter sometido aos trámites de avaliación ambiental e participación pública.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/07/2018 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeu pediu investar a vulneración de normativas da UE en varios proxectos mineiros actualmente en execución en Galicia, entre eles, os das Minas de San Finx, Touro, Santa Comba ou Monte Neme. Por iso, acordou requerir á Comisión Europea o inicio dun proceso completo de auditoría unha vez que as presuntas vulneracións afectan a un amplo conxunto de sectores normativos.

Terreos da mina de Touro
Terreos da mina de Touro

Europa actuou, novamente, tras avaliar a queixa formulada en xaneiro de 2017 pola Asociación Petón do Lobo, integrada nas plataformas “ContraMINAcción” e “Vida e Ría ou Minaría”, por vulneración de diversas directivas europeas.  A queixa detallaba, entre outros asuntos,  a omisión do procedemento de avaliación de impacto ambiental do proxecto mineiro en 2009, o abandono de dúas presas de residuos mineros de San Finx (Lousame) en pleno cauce fluvial, a potencial afectación á actividade marisqueira e á saúde pública e a contaminación das augas con metais pesados, superándose no río, que desemboca 7 km augas abaixo na ría de Noia, varias veces os limites máximos permitidos para cadmio, cobre e cinc.

O Parlamento xa admitira a trámite a petición en maio de 2017, requeríndolle á Comisión Europea a realización dunha investigación preliminar. Na sesión deste mércores, despois da intervención do peticionario, representado polo mariscador José Romarís, e das deputadas e deputados de diversos grupos, a Comisión de Peticións apreciou a existencia de de fundamentos que apuntan cara a unha vulneración sistemática e xeneralizada da normativa europe. 

CRÍTICAS

O mariscador José Romarís alerto que a “ría sexa o próximo Aznalcóllar ou Baia Mare”, unha vez que “o noso modo de vida, o noso futuro e o das próximas xeracións dependen diso”, e o representante da Comisión Europea, Daniel Fernández Gómez,  insistiu en remitir o asunto aos tribunais. Pola súa banda, as deputadas Ana Miranda (BNG), Ángela Vallina (IU), Maite Pagazaurtundúa Ruiz​ (UPyD), Lidia Senra (AGE), António Marinho e Pinto (Partido Democrático, de Portugal) e Judith Kirton-Darling (Partido Laborista, do Reino Unido) instaron á Comisión a realizar unha auditoría exhaustiva da situación do Grupo Mineiro San Finx.

Mapa da mina de San Fins, en Lousame
Mapa da mina de San Fins, en Lousame | Fonte: Adega

Apenas o eurodeputado galego Francisco Millán Mon, do Partido Popular, pretendeu excusar a actuación da Xunta e dixo que a normativa non é de aplicación retroactiva, mesmo que o proxecto aprobado foino en 2009, coas directivas actuais en vigor. Isto valeulle a reprobación da eurodeputada laborista británica Judith Kirton. A pesar desta intervención, a maioría parlamentaria, incluíndo o Partido Popular Europeo, decidiu manter aberta a petición, enviar unha carta ás autoridades galegas trasladando a inquietude do Parlamento e requerir novamente á Comisión Europea para que abra unha investigación exhaustiva sobre a situación.

INFORME DEMOLEDOR

Previamente á sesión, a Asociación Petón do Lobo e os colectivos implicados en ContraMINAcción e Vida e Ría facilitaron ao Secretariado da Comisión un informe con documentación adicional, no que se detallan os antecedentes do Grupo Mineiro San Finx e cada unha das vulneracións apreciadas. Entre estas, destacan a vulneración da Directiva Marco da Auga.

Un informe da propia Xunta de 2017 indicaba que a máis grande das presas, que protagonizara o tráxico incidente da “catástrofe de 1960”, ano no que rebentaron as súas comportas inundando toda a veiga augas abaixo, “encóntrase prácticamente colmatado, e ao estar situado augas abaixo e ter unha maior altura, o arrastre dos materiais podería producir un importante impacto ambiental coa eventual rotura da presa”. Tanto este feito como o estado das escombreiras tamén unha vulneración das normas europeas sobre xest

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta