Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Galicia Confidencial | Cambados | 07/04/2011 | Actualizada ás 11:20
O PP non quere nin oir falar da foto de Mariano Rajoy no Moropa, un barco propiedade do clan dos Baúlos, históricos do narcotráfico e do contrabando en Galicia. Este mércores o líder do PP foi cuestionado pola prensa se prensa atender as peticións do PSOE e do BNG para que de unha explicación. "No" foi toda a resposta.
GC informou que a publicación desta imaxe en Xornal de Galicia foi o desencadenante da marcha de José Luís Gómez da dirección de Xornal de Galicia. O máximo accionista da editora, o dono da Constructora San José Jacinto Rey, foi presionado polo propio Rajoy nun intento de limitar o impacto da fotografía, revelada inicialmente por Público e que Xornal levou a portada.
Ningún outro dos grandes medios do país fíxose eco nin da imaxe nin dos motivos da marcha de Gómez. En contraste, medios estatais como Público ou a Cadena Ser abordaron estes tema. Por exemplo, o motivo da caída de Gómez centrou a columna de Miguel Angel Aguilar no informativo do mediodía da Ser. Velaquí o corte:
Apagamento informativo en Galicia
Cal é a explicación do PP á fotografía? Os conservadores apuntan a unha casualidade, unha imaxe puntual produto dunha coincidencia. "Subirse al barco no estaba previsto ni formaba parte del acto. Era la única embarcación que había en aquel momento al principio del muelle y alguien sugirió que sería una buena idea fotografiarse allí", argumentou un voceiro oficial ante a pregunta de Público.
En contra da explicación da simple coincidencia xoga a forte relación do PP local co sector pesqueiro de Cambados. Por exemplo, o actual candidato a alcalde polos conservadores foi oito anos o xerente da lonxa, que visitou Rajoy no mesmo acto de campaña no que subiu ao Moropa, como relata esta crónica de La Voz.
Ademais, o propio Rajoy é habitual de Cambados, vila que frecuenta nas súas vacacións e na que exerce como Cabaleiro do Albariño. De feito, Rajoy inagurou varias veces o curso político tras o verán con actos en Cambados.
Nestas circunstacias sorprende que os responsábeis locais do PP deixaran subirse ao seu líder a un barco relacionado con narcotraficantes durante a un cato das europeas de 2009, acto centrado precisamente en reivindicacións do sector do mar. E é que polo menos dende 2006 a prensa local falaba abertamente da vinculación dos donos do Moropa co tráfico de cocaína.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.