Unha avespa galega e non asiática provocou a morte do veciño de Viveiro

"É unha tristeza que un home tan novo morra desa maneira", dixo a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2018 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, sinalou que o veciño que faleceu o sábado na parroquia de Boimente cando realizaba traballos de roza foi picado por unha avespa autóctona e non por unha velutina, como se apuntou inicialmente.

Diferencia entre a vespa galega e a vespa asiática
Diferencia entre a vespa galega e a vespa asiática | Fonte: lagranjadebitxos.com

Loureiro lamentou dita morte, unha "noticia moi triste" que embazou a celebración da décimo terceira edición do Resurrection Fest, na que non se produciu ningunha incidencia.

O falecido tiña 43 anos e a rexedora subliñou que "é unha tristeza que un home tan novo morra desa maneira". "Demos o pésame á familia. Temos que lamentar a súa morte como veciño de Viveiro", remarcou.

En canto ao festival, aínda sen datos oficiais, lembrou a cifra de 13 millóns de euros que calculou un estudo sobre o seu impacto, e estimou a presenza de ao redor de 100.000 persoas. Só acampados xa sumaban 12.000, segundo indicou, fronte aos 16.000 veciños censados. Ademais, asegurou que os hoteis "estiveron a tope".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta