Un veciño de Oímbra de 69 anos tentou fuxir da Garda Civil nun tractor cargado de marihuana

Unha vez detido dixo que ía cambiar as plantas a outra leira porque xa llas descubriran no campo nas que as tiña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2018 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

Un veciño de 69 anos de idade da parroquia de San Cibrao, no municipio ourensán de Oímbra, foi pillado pola Garda Civil cando transportaba nun tractor 21 plantas de marihuana duns 60 centímetros de altura.

Tractor con marihuana cazado en Oimbra. GUARDIA CIVIL
Tractor con marihuana cazado en Oimbra. GUARDIA CIVIL | Fonte: Europa Press

Segundo informou a Garda Civil, axentes de Verín detiveron ás 1,40 horas deste martes a este veciño de Oímbra, que responde as iniciais A.A.G., como presunto autor dun delito de cultivo e elaboración de drogas.

O detido foi localizado nunha pista forestal próxima ao seu domicilio conducindo un tractor no cal transportaba as 21 plantas de marihuana e que, por tanto, eran visibles no remolque do vehículo agrícola.

Cando observou aos axentes, o agora detido tentou darse á fuga. Unha vez interceptado, relatou aos axentes que ía cambiar as plantas de leira posto que sabía que localizaran a súa plantación. Leva o caso o Xulgado dous de Verín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta