Confirman que o crime da muller da Coruña foi un novo caso de violencia machista

A muller de 57 anos de idade asasinada na tarde do mércores foi degolada polo seu marido nun inmoble da rúa da Estrella, na cidade da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2018 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

A Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero confirmou como un caso de violencia machista o crime dunha muller de 57 anos de idade que a tarde do mércores foi degolada polo seu marido nun inmoble da rúa da Estrella, na cidade da Coruña.

Casa do Concello da Coruña
Casa do Concello da Coruña | Fonte: Galipedia

Os axentes activaron desde un primeiro momento o protocolo por crime machista, pero a verificación estaba pendente de ratificar, un extremo que se produciu este mediodía. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, convocou unha concentración para este venres ás 10,15 horas ás portas da Delegación para "seguir concienciando á sociedade" contra a violencia machista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta