Os galegos, os que máis tranquilizantes toman e os segundos en consumo de antidepresivos

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia publica o 'Documento Marco da Psicoloxía Clínica en Atención Primaria', no que se reclama a implantación da psicoloxía clínica en Atención Primaria.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/07/2018 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia vén de publicar o 'Documento Marco da Psicoloxía Clínica en Atención Primaria', no que se analiza a realidade lexislativa e asistencial da saúde mental en Atención Primaria en Galicia e se propón un modelo propio baseado nas experiencias nacionais e internacionais.

Depresión
Depresión | Fonte: Harvard Health Publishing.

Este organismo considera que é necesaria unha abordaxe específica e urxente ante os indicadores que presenta Galicia, onde que o 15% da poboación toma tranquilizantes ou hipnosedantes, a porcentaxe máis alta de todo o conxunto do Estado, e a segunda con maior consumo de antidepresivos despois de Asturias, cun 9,56% fronte ao 5,59% da media estata.

Tal e como se recolle no informe, a implantación da psicoloxía clínica en Atención Primaria permitiría reducir significativamente as prescricións de psicofármacos, o que permitiría aproveitar mellor as vantaxes do tratamento precoz dos problemas de saúde mental.

Este documento foi coordinado por Alicia Carballal Fernández, psicóloga clínica e vicepresidenta da Sección de Psicoloxía e Saúde, que coordina no Colexio un grupo de traballo sobre a psicoloxía en Atención Primaria. Trátase dunha das reivindicacións históricas que se veñen facendo desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, xa que o 30% das consultas que se atenden en medicina de familia corresponden con trastornos emocionais ou psicolóxicos.

Aragón, Asturias, Cataluña, Illas Baleares, Madrid e Comunidade Valenciana son algunhas das comunidades nas que está aprobada ou mesmo xa comezou a implementarse esta atención psicolóxica no primeiro nivel asistencial. No documento conclúese que nos trastornos mentais comúns, está contrastado cientificamente que o tratamento non farmacolóxico é o mellor tratamento dispoñible e, de feito, así o recomendan organismos internacionais como a Organización Mundial da Saúde ou a OCDE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Edelmiro

Non me extranha. Os teus parentes mailas tuas amigas e amigos tenhen menos cerebro que o mosquito da fruta. Os pouquinhos que tinhan cerebro fóronse a outros sitios como Suso de Toro (que aínda que voltou, nótase que xa non é una provinciano como cos que estamos todos os días os galegos de aquí), Antón Losada e bastantes máis que non son conhecidos popularmente. Aquí só van quedando os atrasados mentais mailos frikis.