Guitiriz contará cunha nova residencia de maiores con 52 prazas

A Deputación de Lugo volverá adxudicar o proxecto de construción do centro residencial de Becerreá após rescindir o actual contrato.

Por E.P. | LUGO | 03/08/2018 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O presidente da deputación de Lugo, Darío Campos Conde, anunciou, logo da xunta de goberno provincial, que se acordou o proxecto para construír unha nova residencia de maiores en Guitiriz, que se suma ás outras dez xa en construción ou en fase embrionaria para o seu desenvolvemento en toda a provincia.

Guitiriz, no centro do mapa
Guitiriz, no centro do mapa

Dito centro, que se emprazará na antiga Casa da Botica, conta cun investimento de 1,4 millóns de euros, dos que 1,2 millóns proceden de achegas do goberno provincial e 200.000 do concello. Dita residencia, segundo o presidente da institución, "ofrecerá atención a 52 maiores da provincia, porque a residencia de Guitiriz non leva centro de día e pódense ampliar as prazas".

Campos Conde apelou a que "se trata dunha infraestrutura moi demandada en Guitiriz, con moitos veciños deste municipio que están en centros de Castro de Rei, O Incio, Quiroga ou Outero de Rei". Ademais, avanzou que se licitará no mes de setembro, polo que as obras comezarán a finais de ano.

RESIDENCIA EN BECERREÁ

Outro dos puntos que se tratou na xunta de goberno é "iniciar os trámites para a rescisión de contrato para a construción do centro residencial de Becerreá", que financia a Deputación por máis de 4 millóns de euros, ao solicitalo a "empresa adxudicataria".

Darío Campos Conde precisou que xa se puxeron en contacto co concello do municipio "para informar sobre esta solicitude, e cando o consistorio confirme que está de acordo con esta solicitude continuarase co proceso".

Neste sentido, o presidente da Deputación calculou que nas próximas semanas emendarase este inconveniente "para, unha vez reasignado o contrato, e cando o Concello dea o visto e prace, iniciar o proceso de adxudicación das obras para contratalas de novo". Sexa como sexa, o "compromiso" para realizar a dita residencia segue sendo "firme" por parte do goberno provincial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta