Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/08/2018 | Actualizada ás 10:42
Morreu Ernesto Chao, un dos grandes actores galegos dos últimos tempos. Nado en Riadavia en 1943, Chao fíxose archicoñecido polo seu papel como Miro Pereira, que interpretou durante máis dunha década na comedia da TVG Pratos combinados.
Segundo as fontes consultadas por GC, o actor levaba tempo loitando contra unha longa enfermidade. Morreu na madrugada deste luns, 6 de agosto, en Santiago, e será enterrado nesta cidade, o martes.
Ernesto Chao tivo unha dilatada experiencia profesional, especialmente no teatro, cunha carreira que comezou con 26 anos. De feioto, foi director do Centro Dramático Galego durante dúas tempadas (1986-87) e presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
Traballou nunha ducia de producións cinematográficas desde 1985, comezando ese mesmo ano a súa carreira televisiva, especialmente ligada á TVG. En TV participou nunha vintena de programas de formatos diversos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.