Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2018 | Actualizada ás 12:49
O deputado do PSdeG Julio Torrado mostrou o seu "afecto e apoio" aos feridos nun dos concertos do Marisquiño, aos que desexa unha "pronta e moi boa recuperación".
En rolda de prensa este luns, Torrado agradeceu a "rápida actuación" dos efectivos de emerxencias e sanitarios, "moitos de eles" desprazados "de maneira voluntaria" ata este festival en Vigo.
"Temos uns profesionais marabillosos no sistema de saúde", valorou o socialista, "demostrando que o sistema sanitario que hoxe está nunha situación difícil en Galicia sobrevive grazas aos seus profesionais e a pesar dos seus dirixentes, que non están ultimamente á altura das circunstancias".
Un total de 316 persoas foron atendidas polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) tras o derrubamento dun tramo do paseo de madeira nunha das dársenas do porto de Vigo, onde se estaba celebrando un concerto con motivo do festival O Marisquiño.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.