Feijóo pide explicacións "sen andrómenas" a Porto e Concello, "avergonzado" polo sinistro

"Estamos avergonzados de que se puido producir o que se produciu", asegura.

Por E.P. | VIGO | 13/08/2018 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamou este luns explicacións e información "sen ningún tipo de andrómenas", tanto a Concello como a Porto de Vigo, tras o colapso de parte dun paseo no porto deportivo, no que se estaba celebrando un concerto con motivo do festival O Marisquiño.

Alberto Núñez Feijóo na roda após o Consello da Xunta. XUNTA
Alberto Núñez Feijóo na roda após o Consello da Xunta. XUNTA | Fonte: XOAN CRESPO

En declaracións aos medios, tras visitar aos afectados no Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) da cidade olívica, o presidente galego sinalou que tanto os feridos (un total de 332, dos que 7 permanecen ingresados neste centro sanitario e en Povisa) como as súas familias "necesitan explicacións" e "non se lles pode ocultar nada" acerca das causas do accidente.

"É momento de coñecer as causas que nos levaron a este disparate de sinistro, e ir dando información con claridade, sen ningún tipo de andrómenas", abundou. Feijóo, quen pediu ao xulgado que investigue "en profundidade" os feitos, apuntou que "a obrigación das administracións implicadas, Concello e Autoridade Portuaria, é dar contidos e relatos verosímiles de todo o ocorrido".

"Estamos avergonzados de que se puido producir o que se produciu", aseverou, á vez que agradeceu o labor e a "profesionalidade" de todos os equipos de emerxencia que interviñeron tras o accidente.

DISPOSITIVO

O presidente da Xunta celebrou que, dentro da gravidade do ocorrido, os feridos foron evacuados "de forma correcta", e funcionou ben o "dispositivo excepcional" de mobilización de ambulancias, persoal médicos dos PAC, servizos de Urxencias, etc.

Así mesmo, Núñez Feijóo expresou o seu agradecemento aos efectivos de Policía Local, Nacional e bombeiros que se desprazaron ao lugar do accidente e realizaron os labores de rescate e evacuación dos afectados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta