IESIDE oferta novas especialidades en dirección de empresas, marketing e xestión comercial

Máis do 96 % dos estudantes de grao e MBA encontra traballo en menos dun ano.

Por GC Emprende | Vigo | 13/08/2018 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

IESIDE renova a súa oferta académica para o vindeiro curso 2018-2019 con diferentes etapas da vida profesional. Así, os programas que se ofertarán durante este curso académico 2018-2019 abrangue desde os estudos universitarios de grao, no Grao en Administración e Dirección de Empresas, a mestrados oficiais e profesionais e programas especializados, entre os que se atopan dirección de empresas, marketing e xestión comercial.

OS PROGRAMAS

En setembro dará comezo o Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE), o único oficial con dobre titulación internacional impartido por unha institución de educación superior privada galega. A posibilidade de acceder a esta opción internacional provén dos acordos de IESIDE coa Dublin Business School, unha institución de recoñecido prestixio. “O 96 % dos estudantes de grao de IESIDE atopan traballo en menos dun ano e unha porcentaxe moi similar volvería escoller este centro para os seus estudos”, apunta Afundación nun comunicado.

No contexto dos mestrado profesionais, IESIDE ofrece un completo abano de cursos de posgraduado avalado pola colaboración con empresas e centros académicos de referencia nos diferentes ámbitos. Ademais, están deseñados con asesoramento de persoal directivo e xestor para adaptalos ás necesidades reais da empresa, aplicando técnicas e ferramentas de implementación inmediata.

Deste xeito, no vindeiro curso académico poderanse cursar os seguintes mestrados: Mestrado en Dirección Económico-Financeira, Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión Comercial (GESCO), Mestrado en Xestión e Dirección de Proxectos, Master in International Business, Mestrado en Liderado nas Organizacións e Dirección de Persoas, Mestrado en Marketing Dixital, Mestrado en Banca e Finanzas con ABANCA e Master SAP in Sales and Distribution.

Adicionalmente, IESIDE desenvolve programas especializados, de media e curta duración, cos que se achegan novas solucións aos desafíos que se presentan tanto na dirección de organizacións como nas áreas de traballo específicas. Os programas superiores abranguen a Dirección de Vendas e o Marketing Dixital. Na área de especializados sitúanse o de Dirección e Xestión de Proxectos, Xestión Financeira, Planificación e Control de Xestión, Dirección Financeira, Xestión de Operacións Internacionais, Marketing Internacional, Expansión Internacional e o Senior Management Program in Digital Business. A relación completa dos programas académicos aquí.

IESIDE

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) nace en 2016 por iniciativa de ABANCA e Afundación, avalado polos 30 anos de experiencia da súa escola de negocios, para potenciar a cooperación entre a empresa e a universidade. Orientado á creación de valor económico, social e cultural para Galicia, IESIDE constitúese como servizo público, sen ánimo de lucro, que complementa a oferta universitaria actual.

IESIDE conta con 168 profesionais, titulares, asociados e colaboradores, cunha dilatada experiencia docente e con recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional. Un 85 % dos seus 3500 estudantes anuais atopa traballo en menos dun ano.

Estudantes e emprendedores dos programas do IESIDE
Estudantes e emprendedores dos programas do IESIDE | Fonte: Afundación

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta