Marea de Vigo pide unha comisión de investigación e que se acheguen todos os informes

Caballero rexeita a comisión porque "xa está a investigar o xulgado", ao que ofrece "cooperación total".

Por E.P. | Vigo | 14/08/2018 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

O grupo municipal Marea de Vigo rexistrou este martes unha petición para que se cre unha comisión de investigación sobre o accidente do Marisquiño, no que resultaron feridas máis de 400 persoas após caer parte do peirao durante a celebración dun concerto, e reclamou ao goberno municipal que achegue toda a documentación sobre os plans de seguridade do evento, as autorizacións, a situación urbanística da zona ou as responsabilidades do seu mantemento por parte do Concello.

Roda de Marea Vigo
Roda de Marea Vigo

Así o trasladou en rolda de prensa o portavoz do grupo, Rubén Pérez, quen criticou o "xogo de pelota" iniciado entre goberno local e Autoridade Portuaria sobre as competencias e responsabilidades na zona do accidente.

O edil de Marea recalcou que, ademais de determinar os motivos técnicos do sinistro, debe facerse énfase nos mecanismos de control e prevención, polo que avogou por constituír unha comisión de investigación na que todos os partidos do consistorio teñan acceso á documentación. A partir de aí, elaboraríase un ditame que se debatería "de forma tranquila e sosegada" nun pleno, para coñecemento de toda a cidadanía.

"Isto é o que se fai nos concellos civilizados, normais, que non teñen un cesarismo enfermizo", apuntou, e puxo como exemplo a comisión aberta após o accidente do 'Madrid Area'. Ademais, Rubén Pérez criticou a "imaxe ridícula" que dan os responsables do PP e do PSOE (desde Xunta, Porto e Concello), actuando nun "xogo electoralista cutre".

CABALLERO

Cuestionado sobre esta reclamación de Marea, de crear unha comisión de investigación, o alcalde, Abel Caballero, rexeitou esa posibilidade, alegando que "xa está a investigar o xulgado, e tomará as súas decisións". A este respecto, o rexedor ofreceu á maxistrada que instrúe esta investigación (que, de momento, séguese por un suposto delito de lesións imprudentes) a "cooperación total" do Concello, que se pon á súa "disposición absoluta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Resulta miserable que un individuo que leva 3 anos facendo o que lle dicta Abel Caballero agora veña con comisións de investigación nun Concello no que a maioría absoluta está do lado do mesmo Abel Caballero & Cia !!! Pero é normal que este individuo que bloquea as contas dos disidentes (coma Eva Solla a súa lideresa de partido!) veñan a facer "campaña electoral" a un ano escaso da súa renovación do sillón !!! Supoñemos que estes nostálxicos estarían encantados no Parlamento Cubano (non cobrarían tanto) https://youtu.be/wmSJob3Hwi4