Festivais de Galicia asegura que non é obrigatorio rexistrar o plan de autoprotección na Xunta

"Entendemos que O Marisquiño pode reclamar fronte á administración titular do porto os danos causados", din desde a Asociación Empresarial Festivais de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 15/08/2018 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A Asociación Empresarial Festivais de Galicia destacou que para que un plan de autoprotección dun evento como o festival O Marisquiño sexa valido non é requisito obrigatorio o seu rexistro na Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta. Así o sinalou a asociación despois de que a Xunta asegurase o martes non ter constancia da inscrición deste plan do Marisquiño no departamento de Emerxencias autonómico a pesar de "ser un dos requisitos legais" para obter a licenza do Concello.

O peirao de Vigo, tralo accidente durante o Marisquiño
O peirao de Vigo, tralo accidente durante o Marisquiño | Fonte: Miguel Núñez

"Esta é, en todo caso, unha obriga administrativa cuxo incumprimento nin sequera está descrito como infracción na lexislación de emerxencias de Galicia", sinalan os festivais galegos, que afirman que "nin tan sequera é obrigatorio" contar cun plan destas características para unha capacidade de 4.500 persoas, como a prevista no Marisquiño.

Fronte a iso, a Asociación Empresarial Festivais de Galicia sinala que "só é obrigatorio a partir de 20.000 persoas". "Se non é obrigatorio telo, moito menos é obrigatorio rexistralo", inciden os festivais, que poñen en valor que O Marisquiño tivese a precaución de elaborar este plan "para 4.500 persoas". "Posiblemente por esa precaución se salvaron vidas", apuntou.

Ademais, esta asociación que reúne a oito dos festivais máis importantes de Galicia tamén subliña que "non existe ningunha lexislación que obrigue ao organizador" do evento a "realizar ningunha comprobación previa" sobre a infraestrutura cedida.

"A lei esixe ao titular que responda fronte ao concesionario polos vicios ocultos. Entendemos que O Marisquiño pode reclamar fronte á administración titular do porto os danos causados por ser autorizada para o uso dunha infraestrutura deteriorada", engadiu.

Por último, felicita os produtores do Marisquiño pola "impecable execución" do plan de autoprotección e solidarízase coas vítimas. Ademais, a asociación critica que "as administracións actuantes, primeiras obrigadas ao cumprimento da lei, estean a buscar a forma de retorcer a lexislación para eludir responsabilidades".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 o culpable e portos

Macro dispositivos (100-30 mil persoas), dispositivos medios (de 30 a 5 mil peroas) dispositivos menores (menos de 5 mil, eventos de risco baixo en consecuencia o numero de recursos a moBilizar e mínimo PARA O VIEIRIÑO eu digo 2 ambulancias asistenciais, 1 ambulancia medicalizada, e un posto sanitario, 2 grupos de primeiros auxilios de 4 persoas por padiola 4 botiquins 2 oxigenoterapia 2 de curas, unidades de policía local e nacional, 1 carroceta pequena de bombeiros, 1 grupo de comunicacions , 1 grupo seguridade privada control de accesos, control-valado antipanico, 1 pma. Un dispositivo de riscos previsibles é unha estratexia de despliegue de medios e recursos para atender operativos colectivos planificados para responder con eficacia a seguridade e a asistencia sanitaria. Plans de autoprotección son mais ben para recintos pechados, edificacions, por exemplo hospitais con mais de 200 camas, 28 metros de altura, 2.000 persoas dentro do edificio, etc

1 o culpable e portos

enton é o que eu estou a decir... (O XEFE DE SALA 112 O DOS LUMES E DO BOMBAZO NUCLEAR DE FOGUETES FESTEIROS TEN QUE DIMITIR POR MENTIROSO RUEDA VALENCIANO) e claro que e polo numero de xente e por si e dentro dun recinto pechado o si o recinto e de construcción tipo quita e pon... deben ter un plan e pásalo o servizos de protección civil, bombeiros e policía local do concello... Os da untada da malicia do pepeiro están tratando de engañar a xente, están tratando de implicar o concello de vigo nos sucesos cando e PORTOS (GOBERNADA POLO GORDO ULTRADEREITISTA DO PEPEIRO) señores e a marea traizoeira do lado do esquema do pepeiro... queren por a gobernar o ppeppeiro e eles na oposición a mercar caserios de 650.000 euros, chamadas casas de obreiro... onde estamos señores??? o culpable e PORTOS e LOPER VERGA O RESPONSABLE, miren o que gaña miren os 10 cms de moqueta no despacho