Extinguido o incendio forestal de Quiroga tras queimar 100 hectáreas

O lume puido ser causado por un raio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2018 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido na tarde deste martes o incendio forestal que afectaba desde o domingo o municipio lucense de Quiroga. Segundo as súas estimacións, queimou un total de 100 hectáreas.

Lume en Quiroga que afecta a paraxes do Courel
Lume en Quiroga que afecta a paraxes do Courel | Fonte: Remitida- Carlos

O lume iniciouse ás 17.31 horas do domingo e "todo parece indicar" que foi provocado por un raio, segundo a Consellería, que o deu por estabilizado durante a tarde do luns e por controlado na mañá deste martes. Nas tarefas participaron cinco avións, 11 helicópteros, 43 brigadas, 15 motobombas, nove axentes, un técnico e dúas pas.

O outro incendio que afectou nas últimas horas a Galicia, en Chandrexa de Queixa (Ourense), tamén quedou controlado durante o luns. O lume, iniciado na madrugada dese mesmo día, queimou unhas 23,4 hectáreas na parroquia de Casteligo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta