Por E.P. | MADRID | 05/09/2018 | Actualizada ás 19:11
O eurodeputado do PSOE José Blanco, que foi 'número dous' do partido na etapa de José Luís Rodríguez Zapatero, propuxo modificar a Lei de Memoria Histórica para que se investigue a orixe da fortuna da familia Franco.
Ante a pretensión dos descendentes do ditador de reclamar explicacións ao Goberno pola exhumación do Val dos Caídos, o exministro socialista propón aproveitar a reforma da Lei de Memoria Histórica para actuar contra a familia.
"Sorprende escoitar á familia Franco pedir explicacións pola decisión de exhumar ao ditador do Val dos Caídos, en lugar de dalas sobre a orixe da súa fortuna --escribiu na rede social Twitter--. Debería introducirse unha emenda á Lei de Memoria para investigalo? Eu creo que si".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.