Temas: INCENDIOS DATOS

Catro de cada dez grandes incendios en España golpearon Galicia e queimaron o 42% do total ardido no Estado

O zona noroeste concentra case o 75% dos grandes lumes ocorridos en 2017 e da superficie calcinada por estes, segundo datos do informe anual da Comisión Europea. 22 dos 23 grandes lumes en Galicia concentráronse no mes de outubro e 17 aconteceron o fatídico domingo 15. Ponteareas foi o municipio galego máis castigado polo fogo e o segundo en España o pasado ano.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 20/09/2018 | Actualizada ás 21:55

Comparte esta noticia

O noroeste segue sendo a área máis castigada polos lumes en España. O 73,21% dos grandes incendios forestais e o 74,54% da superficie queimada localizáronse nesta zona en 2017, ano no que o número total de lumes creceu no conxunto de España un 11,57% en comparación coa media da última década, cun aumento do 5,80% no número de pequenos incendios (os que afectan áreas dunha hectárea ou menos) e dun 23,05% dos máis grandes. Só no mes de outubro, houbo 31 grandes incendios —o 55% do total anual—, todos eles na zona noroeste, maiormente en Galicia.

Bosque totalmente calcinado en Ribarteme (As Neves), tras os devastadores lumes que arrasaron a zona e boa parte de Galicia en pleno outubro de 2017
Bosque totalmente calcinado en Ribarteme (As Neves), tras os devastadores lumes que arrasaron a zona e boa parte de Galicia en pleno outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Estas cifras están recollidas no informe sobre incendios forestais que publica anualmente a Comisión Europea e que acaba de reeditar e facer públicos, con datos de 2017 para todo o continente. 

Na zona comunitaria, Portugal destaca como o país máis castigado polos lumes, cun total de 21.002 incendios e 540.630 hectáreas queimadas só en 2017. Detrás sitúanse España, con 13.793 lumes e 178.234 hectáreas arrasadas, e Italia, con 7.855 incendios e 161.987 hectáreas. Fóra da Unión Europea, a Federación Rusa acumulou 10.051 incendios que arrasaron nada menos que 1.459.099 hectáreas.

A zona noroeste de España sufriu a maior cantidade de incendios —grandes e pequenos—, co 51,57% do total.

En España, o ano 2017 ocupa o segundo lugar na década en áreas afectadas polos incendios, que aumentaron un 145% nas áreas boscosas e un 94% nas forestais.

Monte arasado polo lume na parroquia de Valladares (Vigo), tras os devastadores incendios que asolaron a zona e boa parte de Galicia en pleno outubro
Monte arasado polo lume na parroquia de Valladares (Vigo), tras os devastadores incendios que asolaron a zona e boa parte de Galicia en pleno outubro | Fonte: Miguel Núñez.

A distribución do número total de incendios por área xeográfica mostra que a zona noroeste sufriu a maior cantidade de incendios, co 51,57% do total anual. Séguenlle as comunidades do interior co 32,05%, a área do Mediterráneo e finalmente as Illas Canarias. Con respecto á área de bosque queimado, a rexión noroeste representa o 73,84% do total, seguida polas comunidades interiores, a rexión Mediterránea e, con valores moito máis baixos, as Illas Canarias.

GRANDES INCENDIOS

Segundo as estatísticas compiladas polos departamentos pertinentes das rexións autónomas, durante 2017 houbo 56 grandes incendios forestais en España, isto é, os que afectan a máis de 500 hectáreas. Estes lumes queimaron o 54,96% do total das áreas calcinadas, pero só representaron o 0,41% do total de incendios ocorridos.

Dos 56 grandes incendios forestais en España, 23 localizáronse en Galicia (o 41%).

Os grandes incendios arrasaron en España 98.072 hectáreas, 41.713,34 delas en Galicia.

A zona noroeste foi a máis afectada polo grandes incendios: o 73,21% ocorreron aquí e o 74,54% da superficie queimada por estes localízase nesta rexión. Só no mes de outubro, houbo 31 grandes lumes (55% do total anual), todos eles na rexión noroeste, a maioría en Galicia.

Os grandes incendios calcinaron en total en España 98.072 hectáreas durante o ano 2017, das cales 41.713,34 pertencen a Galicia, isto é, o 42,5% da superficie total queimada polos grandes lumes.

Grandes incendios en Galicia en 2017. Fonte: Joint Research Centre
Localidade Data Hectáreas
Verín  03/08  1.372,18
Lobios  09/10 670
Cervantes  12/10  864
Cervantes  13/10  1.785
Lobios  14/10  3.425,48
Tui  15/10  865,37
Chandrexa de Queixa 15/10  741,03
Baños de Molgas  15/10  1.599,97
Melón  15/10  5.965,86
San Cristovo de Cea  15/10  1.520,34
A Gudiña  15/10  1.809,14
Esgos  15/10  573,03
Maceda  15/10  526,36
Parada de Sil  15/10  1.275,62

Salvaterra do Miño 

15/10  770,14
Caldas de Reis  15/10  1.067.87
Gondomar  15/10  1.384,92
Nigrán  15/10  1.483,25
As Neves  15/10 2.818,49
Ponteareas  15/10 8.877,79
Ponteareas  15/10  645,18
Mondariz  15/10  568.32
Negueira de Muñiz  16/10  1.104

PONTEAREAS, O CONCELLO GALEGO MÁIS CASTIGADO E SEGUNDO EN ESPAÑA

A maior parte dos grandes incendios ocorreron nas provincias de Ourense e Pontevedra, con 11 e 9, respectivamente. Lugo sufriu tres e A Coruña, ningún.

22 dos 23 grandes lumes concentráronse no mes de outubro e 17 aconteceron o fatídico domingo 15 de outubro, cando se iniciou unha vaga de incendios que puxo media Galicia en xaque e se cobrou catro vidas humanas.

Os incendios de outubro calcinaron 9.522,97 hectáreas en Ponteareas, 297,69 menos que o de Encinedo, en León, o máis devastador de 2017; Melón foi o cuarto concello máis golpeado polos lumes en toda España.

Por hectáreas, Ponteareas foi o municipio máis golpeado polo fogo, con dous grandes incendios o 15 de outubro que queimaron en conxunto 9.522,97 hectáreas, case a quinta parte do total que arrasaron todos os lumes —grandes e pequenos— declarados en Galicia aquela tráxica fin de semana.

O concello ponteareán é o segundo máis castigado polos lumes en España, practicamente á par que o de Encinedo, en León, onde un incendio declarado o 21 de agosto de 2017 arrasou 9.820,66 hectáreas, o máis devastador dese ano. En terceiro lugar sitúase o que aconteceu en Moguer (Huelva) o 24 de xuño, con 7.517,88 hectáreas, e en cuarta posición, o de Melón do 15 de outubro, con 5.965,86.

Dantesca imaxe da parroquia de Chandebrito (Nigrán), onde morreron dúas persoas tras os devastadores lumes que arrasaron a zona e boa parte de Galicia en pleno outubro
Dantesca imaxe da parroquia de Chandebrito (Nigrán), onde morreron dúas persoas tras os devastadores lumes que arrasaron a zona e boa parte de Galicia en pleno outubro | Fonte: Miguel Núñez.
Lume no cemiterio en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lume no cemiterio en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.
Lume en Gondomar, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lume en Gondomar, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez
Temas: INCENDIOS DATOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 o noso picudiño

e o sinvergonza xefe de sala do 112 o rueda valenciano, ocultando 20 mil hectáreas queimadas... ocultando que ardeu tanto como no 2005... señores que encalatradores son os pepeiros... de todos los xeitos e todo do ano pasado... iste ano non esta ardendo nada o casi nada incluso os conatos non abondan polo monte están mais restrinxidos podemos decilo, a cousa vai suave, claro que nunca sabemos onde vai saltar o esfameado gastrónomo asador de chourizos polo medio do monte o si algún toliño vai sair do cotongoleño manicomincial, xente da ppiromaniaca... o si brigadas de eucaliptización nocturna continuada saldrán ou non saldrán NO DO18 NON ESTAN ARDENDO NIN 3 MIL HECTAREAS...