Controlado un incendio forestal na Fonsagrada (Lugo), que afecta a 26 hectáreas de monte raso

O lume forestal iniciado este domingo no concello lucense da Fonsagrada quedou controlado ás 23,20 horas, segundo informou a Consellería do Medio Rural, tras afectar a unha superficie de 26 hectáreas de monte raso.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2018 | Actualizada ás 10:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O lume forestal iniciado este domingo no concello lucense da Fonsagrada quedou controlado ás 23,20 horas, segundo informou a Consellería do Medio Rural, tras afectar a unha superficie de 26 hectáreas de monte raso.

O incendio iniciouse ás 08,07 horas do domingo, na parroquia de Bruicedo. Nas tarefas de extinción, participaron até o momento 1 técnico, 5 axentes, 31 brigadas, 12 motobombas, 2 pas e 10 helicópteros.

A Consellería de Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta