Aparatoso accidente entre dous vehículos e un autobús na Illa de Arousa

Unha moza de 26 anos de idade e dous menores de idade resultaron feridos nun incidente que tivo lugar a primeira hora deste luns.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2018 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Unha muller de 26 anos de idade e dous menores de idade resultaron feridos nunha colisión entre dous vehículos e un autobús, ocorrida ás nove da mañá deste luns na Illa de Arousa (Pontevedra).

Ambulancia Do 061 Galicia. EUROPA PRESS - Archivo
Ambulancia Do 061 Galicia. EUROPA PRESS - Archivo

Segundo a información facilitada pola Central de Coordinación do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia, ao lugar do accidente enviáronse 2 ambulancias asistenciais, 1 helicóptero do 061 e persoal sanitario do ISM da Illa de Arousa.

No lugar foron atendidos tres feridos. Un menor de idade foi trasladado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago, mentres que a muller de 26 anos, M.N.D., e un menor de idade foron desprazados ao Hopital do Salnés.Tras a evacuación dos feridos, outro autobús recolleu aos escolares para continuar o seu destino.

O 112, pola súa banda, tras ter constancia do accidente a través da chamada dun particular, comunicou a alerta ao 061, trasladándose tamén ao lugar os axentes de Tráfico e os Bombeiros de Vilagarcía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta