Avalancha de críticas a Feijóo polo seu revisionismo de 'A derradeira leición do mestre' e do ideario de Castelao

O discurso do presidente da Xunta na inauguración da mostra que trae por primeira vez a Galicia esta obra icónica xera unha marea de indignación, por omitir o presidente as críticas ao fascismo e os crimes franquistas que simboliza esta peza artística, homenaxe ao nacionalista galego Alexandre Bóveda.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/10/2018 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Agardábase que a chegada a Galicia por primeira vez de 'A derradeira leición do mestre' de Castelao —obra considerada o 'Guernica' galego— se convertese nun dos maiores acontecementos culturais dos últimos anos no país. Porén, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, conseguiu espertar a indignación de centos de cidadáns que non deron creto ao que o xefe do Executivo galego escribiu nas redes e pronunciou na inaguración da mostra que acolle esta obra icónica, na Cidade da Cultura de Galicia.

Traslado de Buenos Aires a Galicia de ‘A derradeira leición do mestre’
Traslado de Buenos Aires a Galicia de ‘A derradeira leición do mestre’ | Fonte: Xunta.

O que indignou, principalmente, foron as omisións de Feijóo ao verdadeiro significado desta pintura —crítica feroz ao fascismo e os seus crimes, neste caso simbolizados na execución do nacionalista Alexandre Bóveda, e homenaxe aos mestres perseguidos e executados polo franquismo—. No seu discurso non houbo referencias expresas ao auténtico significado do cadro, ligado á "crítica contra a represión y e os axuizamentos fascistas", como lle afeou a oposición. Non só iso; Feijóo chegou mesmo a dicir que hoxe, “en gran medida, somos a Galicia que soñaba” Castelao, afirmación que xerou moita irritación non só entre partidos e políticos nacionalistas, tamén entre unha chea de cidadáns.

As reaccións contra o tratamento revisionista que Feijóo fixo desta obra e do ideario de Castelao xerou unha avalancha de reaccións en Twitter, onde Castelao chegou ser un dos temas principais en España pola enorme cantidade de chíos publicados, a maior parte deles comentando o discurso do presidente da Xunta. Aquí recollemos unha pequena escolma desa marea de reaccións.

REACCIÓNS POLÍTICAS

AVALANCHA DE CRÍTICAS CIDADÁS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 O´Xota

Que fusilasen ao mestre por que significar un asasinato fascista polos seus ideais. Polo que quere dicir Feijóo, o feito da introdución dun par de cápsulas de chumbo nuns órganos vitais que causan unha parada cardio respiratoria é unha anécdota. Foron circunstancias da época, como cando chove...

1 O´Xota

Polo que quere dicir Feijóo, o feito da introdución dun par de cápsulas de chumbo nuns órganos vitais que causan unha parada cardio respiratoria é unha anécdota. Foron circunstancias da época, como cando chove... Desculpas erro de redacción do comentario anterior.

2 Leike

O asasinado: Bóveda, o pobo galego, o mestre. O asasino: o fascismo dos feixistas feixós. Calquera que mire o debuxo ou o cadro non ha ser nunca enganado polos lavadores de cara dos asasinos.

1 galegoexiliado

Unha leición mais, e por desgraza non será 'A derradeira leición do mestre manipulador'. ¿Que se pode agardar cando se ten por mestres a cousas como Losantos e Pío Moa?.