Temor a que se repita en Mondariz o acontecido na vaga de lumes de hai un ano

Medio Rural informa que a superficie afectada está entre as 120 e 150 hectáreas ardidas nun incendio que vai camiño de converterse nun dos peores do 2018.O concello denuncia falta de medios e a Xunta di que é “atrevido” dicir iso.

Por Galicia Confidencial | Mo0ndariz | 07/10/2018 | Actualizada ás 23:17

Comparte esta noticia

Entre 120 e 150 hectareas ardidas xa en Mondariz. Ese é o balance provisional dun lume que vai a máis e que comezou esta tarde. O incendio segue descontrolado, avivado por fortes ventos que complican o traballo das brigadas. Ademais, xa provocou o desaloxo de  veciños de tres das zonas máis afectadas, Barro, Barral e Boente.  O acontecido na tarde deste domingo lembra o que pasou hai case un ano durante a vaga de lumes que afectaron, principalmente, o sur de Pontevedra.

Incendio en Mondariz
Incendio en Mondariz | Fonte: BRIF

A tenente de alcalde de Mondariz, Mónica Peraba, denunciaba en La Sexta a falta de medios: "Non houbo medios aéreos suficientes". “Non houbo medios aéreos e ningún hidroavión en toda a tarde cando o lume era enorme”, suliñou.

Unhas denuncias que xa foron respostadas polo conselleiro do Medio Ambiente, José González, que cualificou de “moi atrevidas” as críticas do concello de Mondariz e suliñou que, desde o primeiro momento, houbo dez helicóperos que acudiron ao incendio pero que “non puideron actuar debido ao fume e as malas condicións do tempo”.  

González destacou que foi "magnífica" a reacción da Xunta ante o incendio e destacou o numeroso número de efectivos desprazados para tentar controlar un lume que, recoñeceu, aínda non está controlado. De feito, el mesmo se desprazou o lugar para tentar dirixir as tarefas de extinción.

DESALOXOS

O lume estaba á beira das casas, por iso desaloxámolas", dixo Peralba. “O incendio foi nunha zona rural e alta do concello na que vive moita xente maior e, por precaución, baixamostelas máis abaixo para telas controladas preto da igrexa”, dixo.

Estas son as fotos e os vídeos da loita contra o incendio durante este domingo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta