Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2018 | Actualizada ás 11:49
Gran parte das provincias de Pontevedra e Ourense atópanse este luns en risco extremo por incendio, segundo o índice diario que publica a Consellería de Medio Rural.
Despois de que o lume arrasara o domingo máis de 150 hectáreas no municipio pontevedrés de Mondariz, con decenas de veciños desaloxados, e após unha fin de semana con varios incendios en concellos ourensáns, a situación de risco extremo continúa ameazando boa parte de ambas as provincias.
Este risco extremo tamén afecta o sur da provincia da Coruña, así como a parte da Terra Chá (Lugo), mentres o resto de Galicia está en risco alto ou moi alto, a excepción do nordés da provincia lucense e parte da Costa da Morte.
Ante esta situación, o Goberno galego lembra que as queimas agrícolas continúan prohibidas en toda a Comunidade até novo aviso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.