Galicia queda fóra da influencia da tormenta tropical Leslie, segundo Meteogalicia

A tormenta tropical Leslie chegará na noite deste sábado á costa de Portugal, aínda que se situará ao norte de Lisboa e, por tanto, Galicia queda fóra da súa influencia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2018 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

Esta é a predición de Meteogalicia, que apunta nunha mensaxe en Twitter que o furacán se localizou durante a madrugada do sábado a uns 400 quilómetros ao noroeste de Madeira.

Situación do furacán Leslie, segundo Meteogalicia. METEOGALICIA
Situación do furacán Leslie, segundo Meteogalicia. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Así, a traxectoria de Leslie levaraa nas próximas horas a situarse na zona de cabo Mondego, ao norte de Lisboa, polo que Galicia quedará fóra da súa influencia.

A tormenta tropical si afectará a outras zonas de España segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, que advirte da posibilidade de ventos moi fortes, con refachos superiores a 80 km/h; e choivas intensas, de 75 a 100 l/m2 en 24 horas, no oeste peninsular ao longo deste domingo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta