Temas: ALCOA A CORUñA

O Goberno central, sorprendido polo peche de Alcoa, pide máis información á empresa

O Ministerio cualifica a decisión de "unilateral" e busca unha solución.

Por E.P. | A CORUÑA | 17/10/2018 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo mostrouse sorprendido polo anuncio realizado este mércores pola multinacional Alcoa de pechar as súas plantas de Avilés e A Coruña, que empregan actualmente a máis de 685 traballadores, e cualificouno de decisión "unilateral".

Planta de Alcoa na Coruña.
Planta de Alcoa na Coruña.

A través dun comunicado, o Ministerio que dirixe Reyes Maroto quixo trasladar a súa sorpresa e preocupación pola decisión de Alcoa xa que, segundo sinala, a empresa "nunca informara de que podía adoptar unha decisión neste sentido" nas reunións mantidas no últimos tres meses.

Industria confirmou que a multinacional tomou unha decisión de forma unilateral e solicitoulle máis información co fin de contribuír a buscar unha solución a unha situación provocada pola "falta de investimentos e problemas estruturais herdados desde 2014".

Tamén lle trasladou á empresa que inicie un proceso de negociación para a procura de alternativas co obxectivo de manter a capacidade produtiva das plantas de Avilés e A Coruña. Neste proceso, o Goberno comprometeuse a traballar xunto co resto de administracións públicas afectadas e os axentes sociais.

Temas: ALCOA A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta