Por E.P. | A CORUÑA | 17/10/2018 | Actualizada ás 16:46
Os socialistas coruñeses solicitaron ao Goberno central —do PSOE— "medidas" que impidan o peche da planta de Alcoa, tras o anuncio realizado a este respecto pola empresa.
Tanto a Agrupación Socialista coruñesa como o grupo municipal culpan o goberno do PP da actual situación, que vinculan tamén co "encarecemento da electricidade no últimos seis anos".
Así apuntan que isto situou á factoría coruñesa "nunha situación delicada, que a abocou ao seu peche pola insostenibilidade dos custos". "Algo que non podemos permitir", insisten.
Por iso, piden ao Goberno de Pedro Sánchez que "actúe para conseguir reformular a situación" e garantir os empregos da planta coruñesa. Adenás, urxen a aplicar "de forma inmediata e eficaz no sector empresarial" as medidas anunciadas polo Goberno "para frear a insustentable escalada no prezo da electricidade".
Por outra banda, anuncian o seu apoio incondicional aos traballadores, á vez que piden a convocatoria dun pleno para tratar este asunto —anunciado xa polo alcalde, Xulio Ferreiro— e solicitan ao resto dos grupos que se somen á petición.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.