Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2018 | Actualizada ás 20:08
A portavoz de Ciudadanos, Olga Louzao, mostrou este mércores o seu rexeitamento ao peche da fábrica de Alcoa na Coruña, á vez que fixo un chamamento á "unión" ante a perda de postos de traballo.
"Por iso pedimos aos grupos parlamentarios galegos que se impliquen na petición de solucións para este caso ao Goberno nacional", afirma.
Ao seu xuízo, "a unión fai a forza" e por iso Ciudadnos cre que o Executivo galego "debe ir da man do asturiano, que se enfronta a un problema similar".
O obxectivo, subliña, é "tentar reverter esta situación", porque o peche suporía "un verdadeiro mazazo para a economía e o emprego de Galicia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.