Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 19/10/2018 | Actualizada ás 11:00
The Tibbs (Amsterdam), unha das mellores bandas de retro soul en Europa, chega por primeira vez a Galicia coa incrible voz de Elsa Bekman á fronte e comparada pola crítica coa voz da gran Janis Joplin. Con eles estarán The Road Trads (Nova York) que, cun estilo que recolle influenzas da música americana, móvense polos eidos da música popular cunha enerxía vibrante.
Coa actuación de The Tibbs e The Rad Trads na sala compostelá Capitol a partir das 20.30 h. deste venres quedará inaugurado o “Outono Códax Festival”. Trátase dunha cita ineludible en Galicia coa música negra e que este ano alongarase ata o 27 de decembro cun gran concerto homenaxe á recentemente falecida raíña do soul, Aretha Franklin; Aretha Soul Divas & The Silverbacks.
O evento conta co patrocinio da coñecida adega Martín Códax e na súa páxina web pódense coñecer máis detalles dos cinco concertos programados no ciclo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.