Desaloxan un restaurante en Vigo tras declararse un incendio

Os servizos de emerxencias evacuaron preto da medianoite deste xoves ás persoas que se atopaban no interior dun local de hostalaría de Vigo despois de que se declarase un incendio.

Por E.P. | VIGO | 19/10/2018 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o lume iniciouse sobre as 23,40 horas nun restaurante da Vía Norte, á altura do número 40.

Bombeiros en Vigo acuden ao incendio na rúa Lorient
Bombeiros en Vigo acuden ao incendio na rúa Lorient | Fonte: CRTVG

Até o lugar desprazáronse efectivos de Bombeiros e da Policía Local, así como do servizo de prevención, extinción de incendios e salvamento, que atallaron as lapas.

O incendio, que deixou danos nos cables do falso teito do comedor, non causou feridos, aínda que obrigou a evacuar a unhas 10 persoas que se atopaban no interior do restaurante, como medida de seguridade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta