Temas: XUNTA ALCOA ERE

Os traballadores denuncian ante Traballo o ERE de Alcoa por consideralo "nulo"

O persoal, que non acudirá á reunión coa empresa, presenta propostas ante Goberno e Xunta para buscar unha "solución continuada".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 30/10/2018 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Alcoa na Coruña cursou unha denuncia ante o Ministerio de Traballo e a Inspección de Traballo de Galicia contra o ERE presentado pola multinacional americana, que pide sexa declarado "nulo" por "vulnerar" a lexislación española.

O Comité de Empresa de Alcoa A Coruña denuncia o ERE. COMITÉ DE EMPRESA DE ALCOA
O Comité de Empresa de Alcoa A Coruña denuncia o ERE. COMITÉ DE EMPRESA DE ALCOA | Fonte: Europa Press

Así o anunciou, en declaracións aos medios, o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, despois de facer entrega este martes, ante a Delegación do Goberno, dun escrito de propostas para defender o mantemento da factoría. Un escrito que tamén presentaron no edificio administrativo da Xunta.

"O escrito, con seis puntos de base para traballar a 18 meses, preséntase coa intención de buscar unha solución continuada para a planta, que pode pasar tanto pola venda como pola continuidade da empresa, pero con outros compromisos pola súa banda", explicou Corbacho.

Así, o cadro, ademais de solicitar a retirada do ERE, pide a fiscalización da empresa. Ademais, entre os puntos, tamén solicitan "crear os mecanismos suficientes para que a planta non entre en parada técnica e non sexa recuperable a medio ou longo prazo".

"Isto é o principio dunha loita dura e a longo prazo; e nós imos dala na rúa, nos despachos e nas administracións", manifestou o representante do comité.

PLANTÓN Á EMPRESA

A maiores, o comité cursou unha denuncia ante o Ministerio de Traballo e a Inspección de Traballo de Galicia contra o ERE da empresa, que suporía o despedimento de preto de 400 traballadores na Coruña.

"Non temos constituída a comisión negociadora porque temos un criterio diferente á empresa, porque consideramos que esta negociación hai que abordala a título local, por plantas", asegurou Corbacho, que insiste en abordar por un lado a situación da planta coruñesa e por outro, a planta de Avilés.

Neste sentido, criticou a postura da empresa, que "está empeñada" en levalos a Madrid e "partir a negociación entre plantas". "Non estamos de acordo", engadiu. Os representantes dos traballadores acudirán este mércores ao Congreso para manter reunións cos grupos parlamentarios, pero decidiron non acudir ao encontro coa empresa porque alegan que este proceso de despedimento "vulnera a lexislación española", polo que piden que sexa declarado "nulo".

Temas: XUNTA ALCOA ERE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta