Temas: VENDIMA VIñO

2018, a segunda mellor vendima da historia en Galicia

O sector vitivinícola recolleu 64 millóns de quilos de uva.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/11/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

As cinco denominacións de orixe en Galicia recolleron máis de 64 millóns de quilos de uva de moi boa calidade en xeral, dos que o 83,5% corresponde a variedades brancas (máis de 53 millóns de quilos) e o 16,5% a variedades tintas (máis de 10 millóns de quilos). Unhas cifras que sitúan a vendima de 2018 como a segunda máis abondosa da historia, só por detrás da de 2011, e colócase un 9,7% por riba da media do decenio 2009-2018.

Vendima nas Rías Baixas. EUROPA PRESS - Archivo
Vendima nas Rías Baixas. EUROPA PRESS - Archivo

A produción de uva foi superior nun 4,3%, con respecto ao ano anterior, pasándose de 61 millóns de quilos a 64 millóns.

Por denominacións de orixe, Rías Baixas foi a que máis uva recolleu (o 60%), seguida polo Ribeiro (14%), Ribeira Sacra (case o 10%), Valdeorras (7%) e Monterrei (case o 9%).

No que respecta ás variedades, aquelas de cultivo tradicional, potencialmente produtoras de viño de calidade, seguen ocupando un peso fundamental no conxunto da vendima: a albariña representa un 71% da uva branca total; a treixadura e o godello supoñen, respectivamente, máis dun 10% da uva branca total; e a mencía comprende case o 80% da uva tinta total.

Tras Rías Baixas atópase a denominacións de orixe Ribeiro, a segunda en canto a volume colleitado (case 9 millóns de quilos de uva). E a terceira denominación que máis uva recolleu é a de Ribeira Sacra, con máis de 6 millóns de quilos de uva; unha cantidade que supón case un 12% máis que o ano pasado e un 9,5% por riba da media do período 2009-2018.

A de Valdeorras tamén aumentou a súa produción este ano, ao recoller máis de 4 millóns de quilos de uva. E a de Monterrei, que recolleu máis de 5 millóns de quilos de uva, experimentou o maior incremento –case un 94 % con respecto ao ano anterior– e, de feito, esta colleita representa un 173 % da media das colleitas dos últimos dez anos.

En total, na vendima deste ano, participaron un total de 447 adegas e máis de 10.300 viticultores.

As cinco denominacións de orixe comercializaron na última campaña máis dun 7% de viño cualificado que na anterior. E, na campaña 2016-2017, comercializaron no mercado exterior case 78.000 hectolitros, un 18,2% da produción total comercializada, o que supón un valor económico de case 40 millóns de euros.

Temas: VENDIMA VIñO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta