Por E.P. | PONTEVEDRA | 01/11/2018 | Actualizada ás 11:20
Un home foi evacuado durante a mañá deste xoves ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras inhalar fume nun incendio orixinado o un cuarto da caldeira. Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 1,00 horas da madrugada deste xoves, no municipio pontevedrés de Salceda de Caselas, concretamente nunha vivenda de Fonte da Pedra.
Até a zona desprazáronse os Bombeiros de Baixo Miño para sufocar o lume, que calcinou unha pila de aveños acumulados á beira dunha caldeira. Ademais dos bombeiros, ao lugar desprazouse tamén unha dotación do 061 para atender ao dono da casa, debido a que empezou a mostrar síntomas de intoxicación por inhalación de fume.
ACCIDENTE POR CAÍDA EN PONTEAREAS
Un operario resultou ferido grave durante a tarde deste mércores tras precipitarse polo oco dun ascensor que revisaba no municipio pontevedrés de Ponteareas. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o accidente produciuse sobre as 18,30 horas do mércores no lugar de Alemparte, cando o traballador realizaba o mantemento dun ascensor e caeu polo oco, desde unha altura aproximada de dous pisos.
Como consecuencia da caída, o home recibiu un forte golpe na cabeza e tivo que ser evacuado polos servizos sanitarios ao Hospital Álvaro Cunqueiro, en estado grave. Ademais de persoal sanitario, até o lugar foron mobilizados axentes da Policía Local e da Garda Civil, co obxectivo de esclarecer as circunstancias do suceso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.