Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/11/2018 | Actualizada ás 14:06
O Día do Patrimonio Mundial, promovido pola UNESCO (a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) celébrase este 16 de novembro de 2018, venres. Co gallo desta celebración, a Rede do Patrimonio Cultural organiza, por segunda vez, actividades por toda Galicia, até o día 22 deste mes.
Deste xeito, a Rede do Patrimonio Cultural contribúe á visibilización do patrimonio cultural galego a través dunha chea de actividades organizadas polas entidades adheridas, organizadas nun mapa e calendario conxunto: desde visitas didácticas e roteiros, ata conferencias e encontros.
Ademais, propoñen o uso dos cancelos #DiadoPatrimonio, #Anoeuropeodopatrimonio e #RededoPatrimonio para compartir información nas redes sociais.
Neste mapa podes atopar todas actividades da Rede xeolocalizadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.