Denuncian contratos lixo na empresa Ecourens días antes das eleccións sindicais

O plantel da empresa concesionaria da recollida de lixo en Ourense, ve como agora se fan contratacións logo de catro anos pedíndoas.

Por Galicia Confidencial | OURENSE | 30/11/2018 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

Os comité de empresa de Ecourense UTE (Unión Temporal de Empresas) denuncia que esta consignataria “realizou 40 contratacións a través dunha empresa (IMPREGO) ligada ao representante do Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL”). Estas contratacións comezarían a traballar a partir do sábado día 1 de decembro, apenas dúas semanas antes das eleccións sindicais para o comité, que se celebrarán o día 17 de decembro.

Recollida de lixo
Recollida de lixo

Os sindicatos que actualmente teñen representación no Comité de Empresa de Ecourense UTE (CIG, UGT, CCOO, USO e CSIF) denuncian ademais “que a empresa pretende realizar 40 contratos-lixo, de 3 a 6 meses en fin de semana, por medio dunha empresa de A Coruña (IMPREGO)”. Esta empresa, segundo sinalan fontes sindicais, ten “vinculación co representante do novo sindicato STL en Ourense, que na actualidade non ten representación no Comité de Empresa”.

A polémica aparece cando os traballadores sinalan que “levan máis de catro anos loitando con Ecourense para que se cubran as vacantes que se van producindo”, mesmo “chocando coa cerrazón da empresa, reacia a cubrir as vacantes a persares das continuas sancións por parte do Concello por non realizar os traballos encomendados e a insistencia do Comité de Empresa”.

Tamén denuncian que mesmo as “vacantes producidas por falecemento non son cubertas e teñen que ser reclamadas no xulgado que lles dá a razón”. Recentemente foron cubertas cinco vacantes por sentenza xudicial. Os traballadores acusan a  Ecourense de esconder un “interese de potenciar a candidatura do STL nas vindeiras eleccións sindicais para renovar o Comité, xa que as votacións son en dezasete días”.

Ademais disto tamén queren deixar claro que non se opoén ao “reforzamento da plantilla xa que así o ben reclamando dende hai moito tempo”, pero non vai consentir que se “empregue a contratación de novo persoal para influir no resultado electoral das votacións que se celebrarán o 17 de decembro beneficiando a un sindicato de nova creación”.

Así, a representación sindical en Ecourens vai solicitar de urxencia unha xuntanza co Comité de Xerencia de Ecourense UTE, para presentarlles as súas “queixas por esta situación e analizar as necesidades de contratación reais que precisa a empresa para realizar axeitadamente o seu traballo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta