Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/12/2018 | Actualizada ás 09:00
Cales son as mellores praias de Europa? Para facer unha lista coas 50 máis esplendorosas, Flightnetwork.
Coas respostas puideron crear un catálogo de praias europeas que agradarán a todos, desde aventureiros en busca de emocións ata viaxeiros de luxo que aman a sesta.
Entre as 30 primeiras atópanse dúas praias galegas, a de Augas Santas, en Ribadeo, máis coñecida como As Catedrais, e a de Rodas, na Illas Cíes, ría de Vigo.
As puntuacións para As Catedrais foron: Beleza pura sen intervención humana 9/10 puntos; lonxanía 10/10; calidade da area e do mar 8/10. Rodas acadou 8/10 puntos nos tres valores.
A número un é a praia de Shipwreck, na illa grega de Zakynthos; o segundo posto ocúpado a de Reynisfjara, coñecida como a praia negra de Islandia, e o terceiro lugar é para a praia de Formentor, en Mallorca.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.