Por xurxosalgado | Santiago | 27/06/2011
Os servizos xurídicos do SXG avaliarán se as razóns económicas esgrimidas pola empresa (editora rtm de El Correo Gallego, Radio Obradoiro e Correo Televisión) son reais.
Os únicos que se salvan, como acostuma a suceder nestas situacións, son director e subdirector. Dáse así a circunstancia que, de ser certos os motivos económicos para os despedimentos, só conservarán o posto os profesionais con máis responsabilidade na marcha do xornal.
Unidade de acción na resposta
Nesta difícil situación, o SXG fai un chamamento ao diálogo e á unidade de acción aos sindicatos presentes no Comité de Empresa de Editorial Compostela.
O Sindicato de Xornalistas de Galicia critica tamén a total pasividade da Xunta de Galicia mentres morren un tras outro os medios en galego. Cómpre lembrar que hai uns seis meses a Consellería de Traballo aprobáballe á esta editora un Expediente de Regulación de Emprego (ERE). Grazas ao ERE, Galicia Hoxe puido obrigar aos traballadores a asumir aínda máis carga de traballo mentres lle reducía un 25% o soldo e a xornada laboral.
Quen se beneficia desta sangría?
En menos dun ano perderon o seu posto de traballo unhas 50 persoas que traballan en medios en galego. Pecharon Vieiros, A Nosa Terra en papel, A Peneira, Gznación e agora o Galicia Hoxe.
Mentres tanto, a Xunta adicouse a repartir a dedo millonarias subvencións a outros medios. O SXG insiste en que se as empresas xornalísticas necesitan axudas, estas deben ser concedidas como se fai en calquera outro sector, mediante concurso obxectivo e público no DOG.
Ademais, como aprobou por unanimidade o Parlamento de Galicia, as subvencións aos medios deben estar condicionadas a creación de emprego estable e ao uso real e sen discriminacións da lingua propia.
O SXG apela á responsabilidade das administracións para que fagan efectivo dunha vez o acordo unánime do Parlamento. O resultado de non aplicalo están a vista de todos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.