Uns ladróns agardan a que remate unha misa para asaltar ao cura

A Policía investiga ao asalto a un párroco de Viveiro. Os ladróns levaron 1.000 euros da casa reitoral.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2019 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

A Policía de Viveiro busca aos tres encapuchados que asaltaron na tarde noite do venres ao cura da parroquia de Vieiro, situada en Viveiro (Lugo). Os asaltantes, logo de amordazar ao párroco e atalo a unha cadeira, roubaron 1.000 euros da casa reitoral.

Pasando o cepillo na misa
Pasando o cepillo na misa

O suceso tivo lugar ao redor das 19,30 horas do venres. Segundo fontes da investigación, os asaltantes esperaron a que concluíse a misa que o párroco oficiaba na igrexa de Vieiro.

A continuación, amordazaron ao cura con cinta adhesiva e amarrárono a unha cadeira na habitación da casa reitoral, que se atopa nas inmediacións do templo. Alí, os asaltatantes rexistraron as estancias da vivenda e levaron un sobre que contiña no seu interior 1.000 euros.

A Policía de Viveiro atópase nestes momentos investigando para dar coa identidade dos encapuchados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta