Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/01/2019 | Actualizada ás 21:55
Os colexios públicos integrados (CPI) cumpren 20 anos en Galicia como solución, principalmente, para as necesidades especiais do rural. Trátase de centros que funcionan dunha maneira similar á maioría de concertados: os cativos entran con 3 anos e saen con 16, cursando no mesmo centro Infantil, Primaria e Secundaria.
Os CPI foron creados pola Consellería de Educación en 1999, polo Decreto 7/1999, de 7 de xaneiro (DOG núm. 16, do 26 de xaneiro de 1999), convertindo a Galicia en pioneira no desenvolvemento desta proposta educativa (autonomías como Castela e León, Aragón ou Baleares están a imitar agora a solución galega).
Nestes vinte anos, puxéronse en marcha 64 CPI nas catro provincias galegas, sendo A Coruña na que máis de espallaron, con 28 centros actualmente. En segundo lugar atópase Pontevedra con 16, seguida por Lugo con 12, mentres que en Ourense só existen oito na actualidade.
Tendo en conta que en Galicia esta solución educativa ten, entre outros obxectivos, dar resposta ás necesidades da poboación rural, semella cando menos paradoxal que as provincias máis rurais sexan as que menos CPI puxeron en marcha.
"Todos estes centros comparten un obxectivo común: progresar e avanzar acorde aos novos tempos, para dar resposta ás necesidades dos seus alumnos/as, e para iso forman parte de programas relacionados co impulso no uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación na aula como recursos didácticos de aprendizaxe", explican Enelina María Gerpe Pérez, do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela, e Luis Fernando Pérez Méndez, orientador e investigador da Consellería de Educación, nun traballo titulado 'Panorámica actual de los centros públicos integrados de enseñanza obligatoria en la Comunidad Autónoma de Galicia', publicado en Innovación Educativa, revista anual da USC.
Tamén destacan destes centros "a promoción da radio e recursos ou plataformas online como recurso didáctico de aprendizaxe que vén complementar os tradicionais recursos cos que conta a aula; impulso de actividades e accións que fomenten a igualdade, así como unha convivencia positiva", aportan.
Para estes expertos, o modelo integrado de escolarización "permite abordar as dificultades dos alumnos, como poden ser o proceso de descontinuidade co cambio de etapa e, por tanto, pode mellorar os procesos de estabilización dos mesmos no transcurso da etapa educativa obrigatoria, e contribuír de maneira indirecta a que os novos poidan concluír da forma máis óptima posible dita etapa educativa, así como desenvolver actuacións que propicien unha formación integral en coñecementos e valores dos alumnos, co fin de contribuír á formación de cidadáns libres, críticos e democráticos".
Ao mesmo tempo, destacan que permite a "permanencia no lugar de orixe e o mantemento e reforzo do arraigamento no mundo rural".
O certo é que este modelo implantado en Galicia permite non só dar resposta ás necesidades do mundo rural, tamén contesta o modelo educativo establecido a partir de 1990 en España. Antes, os alumnos estudaban en colexios até o oitavo curso de EXB e cambiaban aos institutos con 14 anos. A LOGSE mudou o modelo e adiantou dous anos o paso de Primaria a Secundaria. Pero a necesidade de aproveitar espazos e adaptarse á situación demográfica motivou a aparición dos centros integrados, que comezaron en Galicia e xa se estenden polo resto do Estado.
A CORUÑA
Os CPI da Coruña concéntranse nos concellos de carácter rural, case todos eles de interior, cunha poboación aproximada de entre 1.300 e 30.000 habitantes.
Nome |
Enderezo |
Concello |
Cód. postal |
Teléfono |
CPI Castro Baxoi |
Rúa Marismas s/n |
Miño |
15630 |
881880765 |
CPI Plurilingüe Virxe da Cela |
Lugar O Xestal S/N |
Monfero |
15619 |
981777606 |
CPI do Feal |
Rúa Río Seco (O Feal) s/n |
Narón |
15572 |
881938177 |
CPI Camiño de Santiago |
Rúa do Concello 16 |
O Pino |
15821 |
881867011 |
CPI Plurilingüe dos Dices |
Os Dices |
Rois |
15911 |
881866890 |
CPI de San Sadurniño |
Rúa Marques de Figueroa 19 |
San Sadurniño |
15560 |
881930489 |
CPI Pecalama |
Pontepedra |
Tordoia |
15683 |
881960001 |
CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz |
Rúa Isabel II s/n |
Touro |
15822 |
881867840 |
CPI de Viaño Pequeno |
Viaño Pequeno |
Trazo |
15687 |
881866510 |
CPI de Atios |
Avenida SAN SADURNIÑO 19 |
Valdoviño |
15552 |
881938107 |
CPI de Bembibre |
Rúa Socortes 18 |
Val do Dubra |
15873 |
881866981 |
CPI Plurilingüe de Vedra |
Avenida do Mestre Manuel Gómez |
Vedra |
15885 |
881867015 |
CPI de Zas |
Rúa de Galicia 49 |
Zas |
15850 |
881960028 |
CPI As Mirandas |
Avenida Celso Emilio Ferreiro 4 |
Ares |
15624 |
881930020 |
CPI Plurilingüe O Cruce |
Campo da Feira |
Cerceda |
15185 |
881880500 |
CPI de Cruz do Sar |
Rúa A Senra 33 |
Bergondo |
15165 |
881960215 |
CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón |
Tarrio |
Dodro |
15981 |
981802205 |
CPI A Xunqueira |
Avenida do Mar s/n |
Fene |
15500 |
881930110 |
CPI de Ponte Carreira |
Rúa do ensino, s/n - Ponte Carreira |
Frades |
15686 |
881880671 |
CPI Plurilingüe Cabo da Area |
Rúa Isidro Parga Pondal 45 |
Laxe |
15118 |
881880709 |
CPI Plurilingüe Cernadas de Castro |
A Silva 12/14 |
Lousame |
15214 |
881866801 |
CPI Plurilingüe da Picota |
Rúa Dolores González Jurjo 14 |
Mazaricos |
15256 |
881866091 |
CPI de Xanceda |
Lugar OS CORRILLOS |
Mesía |
15685 |
881880752 |
CPI de San Vicente |
Rúa Tedelle |
A Baña |
15863 |
881867001 |
CPI Armando Cotarelo Valledor |
Campo do Rosario, s/n (Gandara) |
Boimorto |
15818 |
981516245 |
CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto |
O Forte |
Boqueixón |
15881 |
881866783 |
CPI As Revoltas |
Lugar A Carballa 17 |
Cabana de Bergantiños |
15115 |
881880283 |
CPI Alcalde Xosé Pichel |
Rúa Traba, 88 (San Roque) |
Coristanco |
15147 |
881880536 |
LUGO
Os CPI de Lugo concéntranse nos concellos de carácter rural, todos eles de interior, cunha poboación aproximada de entre 200 e 9.500 habitantes.
Nome |
Enderezo |
Concello |
Cód. postal |
Teléfono |
CPI Plurilingüe de Castroverde |
Rúa dos Nenos s/n |
Castroverde |
27120 |
982870175 |
CPI de Cervantes |
Rúa dos Colexios s/n |
Cervantes |
27664 |
982828940 |
CPI Plurilingüe Virxe do Monte |
Feira do Monte |
Cospeito |
27377 |
982870262 |
CPI Poeta Uxío Novoneyra |
Seoane |
Folgoso do Courel |
27324 |
982828168 |
CPI Dr. López Suárez |
Praza de España s/n |
Friol |
27220 |
982828180 |
CPI Plurilingüe Tino Grandío |
Estrada Guntín s/n |
Guntín |
27211 |
982870363 |
CPI Uxío Novoneira |
Estrada de Cervantes s/n |
Pedrafita do Cebreiro |
27670 |
982870633 |
CPI Luís Díaz Moreno |
Estrada de Aranza s/n |
Baralla |
27680 |
982870071 |
CPI Ramón Piñeiro |
Praza dos Reis, s/n (A Pobra de San Xiao) |
Láncara |
27360 |
982870370 |
CPI Plurilingüe de Navia de Suarna |
Rúa Pallarón s/n |
Navia de Suarna |
27650 |
982870601 |
CPI Dr. López Suárez |
Rúa Rosalia de Castro, s/n (Escairón) |
O Saviñao |
27540 |
982828224 |
CPI San Tomé do Carballo |
Rúa do Conde s/n |
Taboada |
27550 |
982870851 |
OURENSE
Os CPI de Ourense concéntranse nos concellos de carácter rural, cunha poboación aproximada de entre 1.000 e 11.000 habitantes.
Nome |
Enderezo |
Concello |
Cód. postal |
Teléfono |
CPI de Padrenda-Crespos |
Rúa San Roque de Crespos 29 |
Padrenda |
32226 |
988685040 |
CPI Plurilingüe Laureano Prieto |
Rúa Toural |
A Gudiña |
32540 |
988421140 |
CPI Virxe da Saleta |
A Costa |
San Cristovo de Cea |
32130 |
988282169 |
CPI Tomás Terrón Mendaña |
Sobradelo |
Carballeda de Valdeorras |
32330 |
988335065 |
CPI Virxe dos Remedios |
O Toural |
Castro Caldelas |
32760 |
988203089 |
CPI Antonio Faílde |
Entrada Nacional 525 |
Coles |
32100 |
988202017 |
CPI Terras de Maside |
Rúa OUTEIRO GRANDE |
Maside |
32570 |
988685001 |
CPI Plurilingüe José García García |
Mende 1 |
Ourense |
32004 |
988232529 |
PONTEVEDRA
Os CPI de Pontevedra concéntranse maiormenre nos concellos de carácter rural, tanto de interior como de costa, cunha poboación aproximada de entre 3.000 e 80.000 habitantes.
Nome |
Enderezo |
Concello |
Cód. postal |
Teléfono |
CPI do Toural |
O Toural 34 |
Vilaboa |
36141 |
886151766 |
CPI Domingo Fontán |
Rapeira 9 |
Portas |
36658 |
886151632 |
CPI de Pontecesures |
Rúa Avelino Pousa Antelo 2 |
Pontecesures |
36640 |
886151501 |
CPI Julia Becerra Malvar |
Rúa Joaquin Garcia Alvarez, 16-17 |
Ribadumia |
36636 |
886151636 |
CPI Plurilingüe de Rodeiro |
Rúa B 14 |
Rodeiro |
36530 |
986790028 |
CPI Manuel Suárez Marquier |
A Cumieira de Arriba s/n |
O Rosal |
36770 |
886120385 |
CPI de Cova Terreña |
Dolores Agrelo s/n |
Baiona |
36300 |
886120001 |
CPI Plurilingüe Alfonso VII |
Rúa Jose Salgado 18 |
Caldas de Reis |
36650 |
886159005 |
CPI da Cañiza |
Acceso o Parque s/n |
A Cañiza |
36880 |
886120020 |
CPI de Mosteiro-Meis |
Mosteiro |
Meis |
36637 |
886151379 |
CPI de Mondariz |
Avenida Grupo Escolar 39 |
Mondariz |
36870 |
886110291 |
CPI Plurilingüe Santa Lucía |
Rúa Sete 34 |
Moraña |
36660 |
886159528 |
CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios |
Camiño dos Lagos 1 |
Nigrán |
36340 |
986365963 |
CPI Curros Enríquez |
Lugar Pazos 25 |
Pazos de Borbén |
36841 |
886110501 |
CPI do Progreso |
Paseo das Lombas, 2 (O Progreso) |
Catoira |
36612 |
886159201 |
CPI Aurelio Marcelino Rey García |
Rúa José Mª Lastra 3 |
Cuntis |
36670 |
886151222 |
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.