Revolución na sanidade pública galega

A Xunta enfróntase a unhas das peores crises sanitarias da época de Feijóo. Dimisións en masa, folgas, protestas e colapsos sanitarios están poñendo contra as cordas ao conselleiro de Sanidade. Mentres, SOS Sanidade Pública acusa á xerencia da área sanitaria de Santiago de levar a cabo "campañas de desprestixio" contra as profesións e o colectivo de enfermería denuncia colapso e pide máis medios e profesionais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2019 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia

A Sanidade pública galega está pasando polos seus peores momentos en moito tempo. Unha situación que está obrigando ao conselleiro, Jesús Vázquez Almuíña, a cambiar de estratexia e pasar da defensa ao diálogo co sector. Tras a dimisión en bloque dos xefes da área sanitaria de Lugo, folgas e protestas en Urxencias e PACs, a falta de pediatras, comisións paralelas e colapso de algúns servizos, a Xunta decidiu dar un paso atrás.

Marcha en defensa da sanidade pública na Coruña /CIG A manifestación en contra da privatización do SERGAS en Vigo /cig
Marcha en defensa da sanidade pública na Coruña /CIG A manifestación en contra da privatización do SERGAS en Vigo /cig

Nin a axuda e os titulares de xornais e medios de comunicación "amigos" son quen de parar o vendaval que existe na sanidade público. Por iso, Almuíña recuou e este xoves, tras sufrir un escrache na súa propia casa en Baiona, comprometíase cos médicos de atención primaria de Vigo a pór en marcha “medidas a curto prazo”, nun período de tres meses, para mellorar cuestións relacionadas con esta área sanitaria, en particular a accesibilidade á asistencia hospitalaria.

Era o que lle levaban pedindo dende hai días os xefes de servizo dimisionarios da área sanitaria de Vigo, que lle trasladaron unha listaxe de propostas para mellorar a situación na atención primaria desta zona. Unhas críticas aos que nos últimos días tamén se sumou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que denunciou colapso nas Urxencias do Cunqueiro.

MÁIS PROBLEMAS

Ao Sergas acumúlanselle os problemas. Este mesmo venres, a asociación SOS Sanidade Pública acusou á xerencia da área sanitaria de Santiago de levar a cabo "campañas de desprestixio" contra as profesións e instouna a "asumir" as súas responsabilidades.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, co responsable da xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde, e José Castillo,  xefe do Servizo de Neuroloxía e director científico do IDIS
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, co responsable da xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde, e José Castillo, xefe do Servizo de Neuroloxía e director científico do IDIS | Fonte: Xoán Crespo.

Unha situación que se produce logo da denuncia do sindicato Omega que asegura que o pasado día 2 de xaneiro dous pacientes faleceron nos servizos de urxencias tras deteriorarse por esperar horas nos corredores.

"Terminen coa súa política de intentar buscar culpables do que ocorre no servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS)", esixe a asociación, que asegura que o que ocorre nas urxencias "non é novo" e repítese cada ano" por falta de planificación da xerencia.

"Unha administración responsable ten que avaliar os datos dos anos anteriores para planificar a asistencia en determinadas épocas do ano", recorda SOS Sanidade Pública que se pregunta a utilidade de "tantos cargos directivos".

ENFERMEIROS

Na mesma líña, o Sindicato de Enfermería (Satse) en Galicia esixía este venres ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que contrate máis persoal de enfermería ante o "notable incremento da presión asistencial" nos centros hospitalarios pola incidencia da gripe na poboación o que está a provocar saturacións nos servizos de Urxencias, sen que aínda esteamos no pico alto.

Así, advertía dos "graves problemas" aos que se están enfrontando nos últimos días" os profesionais de enfermería dos servizos de urxencias dos distintos centros hospitalarios da comunidade, "ao rexistrarse un notable incremento da presión asistencial pola incidencia da gripe na poboación sen que se aumentaron de forma conveniente os persoais", asegura.

"Pacientes en padiolas e cadeiras de rodas polos corredores en lugar de ser ingresados, esperas de resultados superiores ás 48 horas, espazos sen cortinas nin biombos que ofrezan certa intimidade, acompañantes sentados no chan... Éstas e outras situacións están a vivirse nos hospitais galegos", segundo os testemuños dos profesionais trasladados por Satse.

ÚNICA SUDIRECCIÓN DE ENFEMEIRÍA

Por outra banda, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria reclamaron este venres á Consellería de Sanidade a creación de direccións de enfermería de Atención Primaria (AP) dependentes das xerencias das áreas sanitarias e mostraron o seu rexeitamento á proposta de crear direccións médicas que xestionen toda a AP.

Nun comunicado remitido aos medios, a asociación recorda que a creación das xerencias de xestión integrada que uniu os órganos directivos de Atención Primaria e Hospitalaria motivou que unha única subdirectora de enfermería de AP xestionase a todos os enfermeiros da xerencia baixo a organigrama dunha única dirección de enfermería.

Feijóo xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, nunha sala de urxencias
Feijóo xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, nunha sala de urxencias | Fonte: xunta.gal
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 O can do Roxo

Mais da metade desta xente que esta nos corredores dos hospitais e dos pais que quedan sen pediatras nos pobos logo nas eleccions votan os de sempre. Xa que logo que sigan roendo....

3 NiOlvidoNiPerdon

Excelente momento para lembrar a todos que o partido condenado por corrupción que anda a mentir unha vez máis é o mesmo partido-asociación para delinquir que dixo que as nosas praias estaban espelndorosas cando o do prestige. Quero ver como blanquean estas mentiras os de sabón mentres andan a choromicar e a pedir solidariedade.

2 ourense horripilante

Estiven ingresado en Ourense... tardei 30 horas da porta de urxencias a porta da habitación... en total 3 días, estaban abertas o transito e as upi (preingreso) abriron a 8 do materno a 7 do materno a 6 do materno e a 5 do materno.... houbo un-ha persoa que non o poido soportar mais e arrincouse a via enchendo o pasillo de sangue... hoxe non tiñan upi nen preingreso a xente estaba polo pasillo en padiolas. NON PUDEN ESCRIBIR ESTES DIAS CONTRA -VIEIRAS POLO DO INGRESO NO HOSPITAL, PERO XA ME DERON O ALTA!!!! (teño anemia no sangue por falta de b12)

1 Gamela

NON máis Colaboracionismo cos xestores dun Sergas Asesino ! Os médicos deberan traballar para mellorar o servizo pero os políticos da "oposición" deberan puxar para eliminar aos xestores homicidas do Sergas! (non máis declaracións vía twitter!) https://youtu.be/e85k0DfROJk