O dispositivo de inverno da Deputación de Lugo acondiciona estradas de 10 concellos

Os labores céntranse en facer fronte ás placas de xeo. Ademais, o organismo lembra que ofrece "asistencia viaria municipal" de xeito "gratuíto".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2019 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O Goberno da Deputación de Lugo mantén despregado o dispositivo de inverno que traballa no acondicionamento de estradas de 10 concellos da provincia pola presenza de placas de xeo.

Máquina quitanieves.
Máquina quitanieves.

Segundo informou o Executivo provincial a través dun comunicado, os operativos traballan en concellos da montaña e do sur da provincia de Lugo, nos que se centran en desfacer as placas de xeo e retirar as capas de neve -de ata cinco centímetros- para "garantir a seguridade dos usuarios das vías".

Hai afectadas ao redor dunha trintena de estradas repartidas por Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Quiroga, Ribas de Sil e Samos.

A Deputación recordou que "ofrece asistencia viaria municipal a todos os concellos" e que o fai "de modo totalmente gratuíto", unha prestación "que non ofrecen o resto das administracións" e que "é moi necesaria para as entidades locais, debido á súa falta de medios".

Ademais, a Dirección Xeral de Tráfico informa, a través da súa páxina web, de que "a meteoroloxía adversa" provoca "circulación irregular" na A-8, á altura de Mondoñedo, desde o quilómetro 536 e o 552, en ambos sentidos. Por iso, pediu que se circule con "precaución".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta