O rural galego, un paraíso para un novo estilo de vida en harmonía coa natureza
Emmely Föhring e Paul Baker sentaron o seu campo base en Pantón coa idea de ofrecer un futuro en harmonía coa natureza á súa familia. Alí puxeron en marcha Tuta Fruta, unha liña de marmeladas e zumes de froitas ecolóxicas que elaboran na súa ecogranxa e vivenda de Tanquián.