Os Grupos de Emerxencia Supramunicipais denuncian o "asoballemento" que sofren de varios alcaldes

AGESGA denuncia a pasividade da Xunta, deputacións, FEGAM e comisión de seguemento dos GES ante o que acontece en concellos como Guitiriz, A Fonsagrada, Castro Caldelas ou Ribadavia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/01/2019 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

A Ascosiacion de Grupos de Emerxencias Supraminicipáis de Galicia (AGESGA) denuncia o "asoballamento que están a sufrir moitos grupos de emerxencia supramunicipais (GES) por parte dos rexidores do servizo, a pasividade da Xunta, deputacións, FEGAM e comisión de seguemento dos GES". 

GES.
GES.

Un novo caso, agora en Guitiriz, suscitou de novo a "indignación" ante a decisión do goberno deste concello de aplicar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE). "O Concello de Guitiriz vén artellando dende hai un ano, aproximadamente, a maneira de desfacerse do GES, deixando os veciños do propio concello e os concellos que da cobertura desprovistos do servizo cunha resposta inmediata en 20 minutos, como ten establecido a Xunta no mapa de cobertura", denuncian desde a AGESGA.

Os traballadores consideran "inxusto" o ERTE, xa que —argúen— "o Concello tivo a opción de manter a continuidade do convenio asinado no mes de decembro por todos os entes colaboradores, que son Xunta, Deputacions e FEGAM [Federación Galega de Municipios]".

Guitiriz non é o único caso. AGESGA lembrea que "hai tres anos o Concello da Fonsagrada argallou o mesmo plan para o desmantelamento do servizo de emerxencias supramunicipal" e "ata este momento non se volveu dar cobertura ás zonas que daba o dito servizo, quedando na zona o descuberto".

Ante isto, observan que a Xunta mostra "certa pasividade ante os desmantelamentos silenciosos" dos GES e "non se compromete a restructuración do servizo noutro concello co mesmo persoal do servizo desmantelado".

Por outra parte, sinalan que "o convenio pactado neste ano acorta cada vez mais o servizo cara as emerxencias e engadindo unhas labores de forma moi abstracta de tal xeito que o concello sede pode dar unha interpretación moi distante da realidade cos servizos de emerxencias".

A AGESGA espera unha resposta para a aclaración das funcións que se recollen no convenio, tanto por parte da Xunta como por pola FEGAM.

MÁIS DENUNCIAS

Tamén destacan que "a comisión de seguemento do convenio non se manifesta ante actitudes tomadas polos concellos sedes, tendo como exemplo unha moi recente no concello de Castro Caldelas, onde mandaron o persoal a malla do centeo para a elaboración dos fachos para a festa".

AGESGA incide en que a comisión de seguemento non se manifestou nen tomou medidas ante a denuncia pública dos feitos, o que se interpreta como "a ausencia da mesma para velar pola boa xestión dos servizos dos GES e a implantación do mapa de emerxencias de Galicia, deixando a vista que é deficiente, precario, xunto coa a xestión dos servizos a mans de certos concellos, que cando non lle convén ao rexidor do concello sede para facer as peonadas municipais encubertas como emerxencias, son desartellados de forma estratexica, como foi na Fonsagrada e actualmente queren facer en Guitiriz".

Tamén destacan o caso acontecido a principios de xaneiro no concello de Ribadavia, cando un traballador do GES sufriu un accidente laboral nun incendio dunha vivenda, "o cal puido ser mortal".

AGESGA subliña que os traballadores dos GES arriscan a vida por un salario inferior a mil euros ao mes e constando como peóns nos contratos laborais. "De todo isto non se recolle categorías, nin outros complementos no convenio redactado polos organismos mencionados anteriormente e mostrando así a pouca importancia polos traballadores e tampouco contar cos mesmos para mellorar a situación laboral de todos os GES a nivel autonómico". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta