Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2019 | Actualizada ás 14:33
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, apuntou este martes que existe un "pequeno déficit" nas reservas dos grupos A- e A+ en Galicia, polo que chama a doar sangue.
Con motivo da súa presenza na unidade móbil que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazou este martes diante do edificio administrativo do Sergas en Santiago, Almuiña agradeceu a participación dos galegos e lembrou que son necesarias 500 doazóns ao día para desenvolver a actividade dos centros sanitarios en Galicia.
O titular de Sanidade incidiu en que "Galicia sempre estivo nun nivel alto de doazón" de sangue e animou a que "siga sendo así". Ademais, comentou que a Xunta vai seguir " remodelando" a frota das unidades de doazón que se desprazan por toda Galicia para recoller as achegas dos cidadáns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.